James Donaldson
| James Donaldson | |
|---|---|
| Posición | Pivote |
| Dorsal | 40 (35, 54) |
| Altura | 2,18 m (7 ft 1 in) |
| Peso | 125 kg (253 lb) |
| Nacemento | 16 de agosto de 1957 (55 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1979–1999 |
| NBA Draft | 1979 / Rolda: 4 / Elección: 7
Escollido por Seattle SuperSonics |
| Universidade | Washington State |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 8 203 (8,6 pp) |
| Asistencias | 7 492 (7,8 pp) |
| Roubos | 1 267 (1,3 pp) |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
James Lee Donaldson III, nado o 16 de agosto de 1957 en Heacham, é un ex-xogador de baloncesto inglés, aínda que criado en California, que xogou durante catorce tempadas na NBA, xogando tamén na HEBA, a LEGA e na Liga ACB. Con 2,18 metros de estatura, xogaba na posición de pivote. Foi en 2009 candidato á alcaldía de Seattle e é xunto a Gary Payton un dos impulsores para a volta á NBA dos Seattle SuperSonics.[1]
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Xogou durante 4 tempadas cos "Cougars" da Universidade de Washington State, onde conseguiu os records aínda vixentes de máis tapóns nun partido, con 8 ante Gonzaga en 1978, e máis tapóns nunha carreira, con 178.[2]
Profesional [editar]
Foi elixido na cuarta rolda do Draft da NBA de 1979, no posto total 73, por Seattle SuperSonics, pero vaise a xogar á liga italiana. Ao ano seguinte incorpórase á disciplina dos Sonics, cos que xoga tres tempadas, antes de ser traspasado a San Diego Clippers. Ao ano seguinte é o equipo o que se traslada de cidade, fixando a súa residencia en Os Ánxeles, e é alí onde consegue encabezar a lista de mellor porcentaxe de acerto da liga, cun 63,7%. Na tempada 1985-86 é de novo traspasado, esta vez a Dallas Mavericks, onde xogou seis tempadas, as máis produtivas da súa carreira. En 1991 é traspasado aos New York Knicks, pero é cortado tras catorce partidos. Asina entón con Utah Jazz, pero só disputa seis partidos no equipo no Salt Lake City.
Decide entón regresar a Europa, concretamente ao Iraklis Thessaloniki da liga grega. Ao ano seguinte asina con Philadelphia 76ers como axente libre, pero non chega a debutar, regresando de novo aos Jazz. Ao ano seguinte firma polo Caja San Fernando da Liga ACB, e nas súas dúas últimas tempadas como profesional, roldando xa os 40 anos de idade, xoga no Snai Montecatini italiano, o Breogán de Lugo e de novo no Iraklis BC grego.[3] Tras catorce tempadas na NBA fixo 8,6 puntos e 7,8 rebotes por partido.
Equipos [editar]
Montanini Siena (1979–1980)
Seattle SuperSonics (1980–1983)
San Diego Clippers (1983–1984)
Los Angeles Clippers (1984–1985)
Dallas Mavericks (1985–1992)
New York Knicks (1992)
Utah Jazz (1993)
Iraklis Thessaloniki (1993-1994)
Philadelphia 76ers (1994)
Utah Jazz (1995)
Caja San Fernando (1996-1997)
Snai Montecatini (1997)
Breogán Universidade (1998)
Olympia Larissa (1998-1999)
Breogán Universidade (1999)
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Xogadores Seattle SuperSonics
- Xogadores San Diego Clippers
- Xogadores Los Angeles Clippers
- Xogadores Dallas Mavericks
- Xogadores New York Knicks
- Xogadores Utah Jazz
- Xogadores Philadelphia 76ers
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Inglaterra
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA