James Dean Bradfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Dean Bradfield
Data nacemento21 de febreiro de 1969 (55 anos)
Nado enTredegar Gales
Ocupaciónguitarrista, cantante, pianista, compositor de cancións, cantautor e batería
Instrumento(s)voz, guitarra
Relacionado conManic Street Preachers
Na rede
http://www.jamesdeanbradfieldofficial.com/
IMDB: nm1010760 Youtube: UCqZvnimnWgzMrLkW19jPAmg Spotify: 1arQYOWtxuQW27WR299gT3 iTunes: 465050 Last fm: James+Dean+Bradfield Musicbrainz: cf384395-7989-4d78-8fb1-8e9e1b6a712e Songkick: 355172 Discogs: 9136 Allmusic: mn0000139572 Deezer: 70272 Genius: James-dean-bradfield Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

James Dean Bradfield, nado o 21 de febreiro de 1969[1] en Tredegar, País de Gales, é o guitarrista e vocalista da banda de rock alternativo galesa Manic Street Preachers.

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nado en Tredegar, Monmouthshire, Bradfield asistiu á Oakdale Comprehensive School local onde sufriu anos de crueldade e bullying (afirma que era "un pequeno nerd ao estilo de Woody Allen") por mor do seu nome (alcumado Crossfire), por ter ollo vago, ou por ser de pequeno tamaño. James formou unha estreita relación con tres amigos: o seu curmán Sean Moore, que viviu con James e a súa familia toda a súa infancia tras o divorcio dos seus pais, e os seus futuros compañeiros de banda Nicky Wire e Richey Edwards.[2]

A Bradfield encantáballe correr e era corredor de obstáculos, e pronto se afeccionou á banda de punk rock The Clash, aínda que o seu primeiro amor musical foi Electric Light Orchestra.[2] Renunciou ao seu soño de "ser como Napoleón" e decidiu que quería ser unha estrela de rock. Aprendeu a tocar a guitarra aprendendo a interpretar o Appetite for Destruction de Guns N' Roses.[2]

Carreira en solitario[editar | editar a fonte]

A finais de abril de 2006 estreouse o primeiro tema en solitario de Bradfield, titulado "That's No Way to Tell a Lie", no programa de Janice Long na BBC Radio 2. A canción converteuse no primeiro sinxelo do álbum The Great Western, que foi lanzado o 24 de xullo dese ano. O sinxelo estreouse no número 18 da lista británica de sinxelos, mentres que o disco fíxoo no 22 da lista de álbums.[3] Estas posicións foron consideradas relativamente exitosas tendo en conta a falta de promoción.[4]

Para promocionar o álbum, Bradfield realizou unha serie de concertos en solitario en maio de maio 2006 en Manchester, Glasgow, Dundee, Nottingham, Birmingham e Londres. Estas actuación estaban formadas por temas de The Great Western e varias cancións dos Manics, como "This Is Yesterday" e "Ocean Spray". Bradfield tamén tocou no V Festival a finais de agosto. No mes de outubro iniciou a súa primeira xura británica, realizando 15 concertos. Un segundo sinxelo do álbum, "An English Gentleman", foi lanzado antes da xira e chegou ao número 31 da lista británica.[4][3]

O segundo álbum en solitario de Bradfield, Even in Exile, foi confirmado en marzo de 2020 a NME xunto co anunciou dun álbum dos Manics en 2021.[5] Ese mes de xuño confirmouse que o disco estaba inspirado na vida e morte do activista comunista chileno Víctor Jara, con letras escritas como poesía inédita por Patrick Jones. Dous temas, "There'll Come a War" e o instrumental "Seeking the Room With the Three Windows", foron publicados o mesmo día.[6] A segunte semana o álbum recibiu o seu título e unha data de edición, xunto co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "The Boy From the Plantation", que se estreou no programa de Steve Lamacq na BBC Radio 6 Music. O álbum lanzouse o 14 de agosto de 2020[7] e entrou na lista británica no número 6.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A pesar de ter dito unha vez "sempre me canso da compañía das mulleres moi rápido",[8] casou coa axente de relacións públicas da banda, Mylène Halsall, nunha cerimonia en Florencia, Italia, o 11 de xullo de 2004. A parella ten dous fillos.[9]

É seareiro do equipo de rugby Cardiff Blues e do de fútbol Nottingham Forest.[4] En 2015, Bradfield e o seu compañeiro nos Manics Sean Moore foron á Patagonia en axuda da organización benéfica Velindre.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Middles, Mick (2000). Manic Street Preachers. Omnibus Press. p. 18. ISBN 9780711977389. OL 7792793M.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Manic Street Preachers' James Dean Bradfield: 'Sometimes You Need Some Creative Failure to Spur You On' | Interviews @ Ultimate-Guitar.Com"
  3. 3,0 3,1 3,2 "James Dean Bradfield". Official Charts (en inglés). 2006-07-22. Consultado o 2024-03-10. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Power, Martin (17 de outubro de 2010). Manic Street Preachers. Omnibus Press.
  5. Trendell, Andrew (2020-03-12). "Manic Street Preachers on their "expansive" new album and James Dean Bradfield's "electric" new solo record". NME (en inglés). Consultado o 2024-03-10. 
  6. Trendell, Andrew (2020-06-26). "Manic Street Preachers' James Dean Bradfield tells us about his two new solo songs: "One shows joy, the other shows fear"". NME (en inglés). Consultado o 2024-03-10. 
  7. Fordham, Alex (2020-07-02). "James Dean Bradfield announces new solo album ‘Even In Exile’". Manic Street Preachers (en inglés). Consultado o 2024-03-10. 
  8. "BBC Wales - Music - Manic Street Preachers - James Dean Bradfield". www.bbc.co.uk. Consultado o 2024-03-10. 
  9. "Manics On New Football Single". The Quietus (en inglés). Consultado o 2024-03-10. 
  10. Britton, Luke Morgan (2014-11-19). "Manic Street Preachers members to hike through Patagonia for charity". NME (en inglés). Consultado o 2024-03-10.