James D. G. Dunn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James D. G. Dunn
Nacemento21 de outubro de 1939
Lugar de nacementoBirmingham
Falecemento26 de xuño de 2020
Lugar de falecementoChichester
NacionalidadeReino Unido
RelixiónMetodismo
Alma máterUniversidade de Cambridge, Universidade de Glasgow e Clare College
Ocupaciónteólogo, profesor universitario e New Testament scholar
PremiosMembro da Academia Britânica
editar datos en Wikidata ]

James D. G. Dunn, nado en Birmingham o 21 de outubro de 1939 e finado o 26 de xuño de 2020, foi un historiador inglés, especialista no estudo do cristianismo primitivo e do Xesús de Nazaret histórico de tradición anglicana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catedrático pola Universidade de Durham está vinculado tamén ás Universidades de Glasgow e Cambridge. Tiveron especial relevancia as súas publicacións sobre Paulo de Tarso. Ten publicado unha monumental obra sobre o que denominou o Xesús recordado. Dunn trata de cubrir a lagoa deixada pola investigación histórica que, consonte a súa opinión, non tirou as consecuencias axeitadas de que a transmisión da memoria de Xesús por parte dos que o coñeceron tivo que ser inicialmente oral. Só así se pode descubrir adecuadamente o impacto causado pola figura histórica de Xesús entre os primeiramente chamados ao discipulado. Sobre estas premisas é como se pode reelaborar máis científica e coherentemente a visión da figura histórica de Xesús, a súa misión e os seus efectos.

Obra[editar | editar a fonte]

  • The evidence for Jesus (1985)
  • Jesus Remembered (2003)
  • Unity and diversity in tha New Testament: An Inquiry into the Character of Erliest Christianity (2006)
  • The New persective on Paul (2007)
  • Beginning from Jesusalem (2009)