James A. Beckford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

James Arthur Beckford, nado o 1 de decembro de 1942, é un sociólogo da relixión[1] británico. É profesor emérito de socioloxía da Universidade de Warwick e membro da British Academy.[2] No período 1988/1989 foi presidente da Association for the Sociology of Religion,[3] e entre 1999 e 2003, foi presidente da International Society for the Sociology of Religion[2][4]. Tamén é autor de libros e artigos sobre os novos movementos relixiosos e a resposta da sociedade cara a eles.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Beckford ensinou nas universidades de Reading e Durham e na Universidade Loyola de Chicago.[1] Fundou o grupo de estudo da British Sociological Association dedicado á socioloxía da relixión en 1975 e foi o seu presidente de 1978 a 1983.[1] No curso 1982 e 1983 por medio do programa Fulbright ensinou na Universidade de California en Berkeley.[5] Entre 1982 e 1986 foi presidente do comité de investigación dedicado á socioloxía da relixión da International Sociological Association e no período 1988/1989 foi presidente da Association for the Sociology of Religion.[1][3] En 1989 entrou na Universidade de Warwick.[5] e entre 1999 e2003 foi presidente da International Society for the Sociology of Religion.[2] como profesor visitante deu clases na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales en 2001, e na Ecole Pratique des Hautes Etudes en 2004.[5]

Beckford foi editor de Current Sociology (1980-1987), vicepresidente de publicacións da International Sociological Association (1994-1998) e membro do consello editorial do British Journal of Sociology desde 1998.[1][3] É co-vicepresidente de INFORM (Information Network Focus on Religious Movements), fundado pola socióloga Eileen Barker co apoio das principais igrexas británicas para informar ao público sobre os novos movementos relixiosos .[3][6][7]

Investigación e publicacións[editar | editar a fonte]

A tese doutoral de Beckford,The Trumpet of Prophecy (1975), foi o primeiro estudo sociolóxico de importancia sobre as Testemuñas de Xehová, , e aínda é unha importante obra de referencia sobre o grupo.[1] e desde entón o foco principal do seu traballo académico é sobre seitas e novos movementos relixiosos e as respostas que eles provocan na sociedade.[1][5] Na base dos seus estudos empíricos sobre o movemento antiseitas en Gran Bretaña, Francia e Alemañañ, France and Germany, Beckford constatou que as respostas aos novos movementos relixiosos revelaban tanto da sociedade como os estudos sobre eses movementos.[1] En Cult Controversies: Societal Responses to New Religious Movements, salientou os diferentes xeitos en que os membros e ex-membros deses movementos se relacionaban con outros e coa sociedade, propoñendo que esas diferenzas poderían servir de base para un novo modelo para clasificar os movementos das novas relixións.[1]

Beckford en Religion and Advanced Industrial Society (1989) chamou aos sociólogos da relixión a poñer fin ao seu illamento das outras disciplinas sociolóxicas e que os estudos relixiosos deberían volver á súa antiga posición de prominencia.[1]

En relación ao Islam, Beckford argumentou que rexeitar as necesidades dos musulmáns en prisión, como a falta de comida halal en moitas prisións francesas ou servizos relixiosos conduce a un amplo resentimento e ao aumento a radicalización entre a comunidade musulmá[8]

In addition to his books, Beckford has authored around 150 articles and book chapters to date.[9] A festschrift celebrating his contributions to the field, The Centrality of Religion in Social Life. Essays in Honour of James A. Beckford, edited by Eileen Barker, was published in 2008.[10]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Religious Organization (1974)
  • The Trumpet of Prophecy. A Sociological Analysis of Jehovah's Witnesses (1975)
  • Cult Controversies. The Societal Response to New Religious Movements (1985)
  • New Religious Movements and Rapid Social Change (1986, editor), editado por SAGE Publications e UNESCO, ISBN 0-8039-8591-6
  • Religion and Advanced Industrial Society (1989)
  • The Changing Face of Religion (1989, co-editor)
  • Religion in Prison. Equal Rites in a Multi-Faith Society (1998, con Sophie Gilliat)
  • Secularization, Rationalism and Sectarianism (1999, editor)
  • Social Theory and Religion (2003)
  • Challenging Religion (2003, editor)
  • Muslims in Prison: Challenge and Change in Britain and France (2005)
  • Theorising Religion: Classical and Contemporary Debates (2006, editor)

Artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 1,9 Swatos, William H.; Kivisto, Peter. Encyclopedia of Religion and Society, Rowman Altamira 1998, p. 44, ISBN 978-0-7619-8956-1. Retrieved 2010-06-20.
  2. 2,0 2,1 2,2 Beckford, James A.; Demerath, Nicholas Jay. The SAGE Handbook of the Sociology of Religion, SAGE 2007, p. x, ISBN 978-1-4129-1195-5
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Beckford's page at the University of Warwick's Department of Sociology website
  4. Swain, Harriet (1999-10-29). Glittering Prizes, Times Higher Education. Retrieved 2010-06-18.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Beckford's page at the Warwick Religions and Education Research Unit website
  6. Beckford, James A. (2008-06-20). "Cults need vigilance, not alarmism", Church Times. Retrieved 2010-06-20.
  7. INFORM website, section "Who We Are". Retrieved 2010-06-20.
  8. Smith, Craig S. (2004-12-08). "Islam in Jail: Europe's Neglect Breeds Angry Radicals", New York Times. Retrieved 2010-06-18.
  9. List of publications by James A. Beckford on the University of Warwick website
  10. Barker, Eileen (ed.). The Centrality of Religion in Social Life: Essays in Honour of James A. Beckford, Ashgate Publishing 2008, ISBN 978-0-7546-6515-1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]