Jalandhar - ਜਲੰਧਰ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jalandhar (Punxabí: ਜਲੰਧਰ) é unha cidade no distrito de Jalandhar, Punxab, India. O seu nome procede de Jaldhar, un rei demo que vivía na auga. Foi a capital de Trigarttas nos tempos da guerra Mahabharata e do Punjab ata 1953 cando se trasladou a Chandigarh. Localízase a 375 km de Delhi e 90 de Amritsar. A poboación é de 701.223 habitantes (censo 2001) aos que hai que engadir os 40.521 habitantes que viven no acuartelamento de Jalandhar que está baixo a administración militar.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]