Jaksland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jaksland é un casal noruegués do concello de Røyken , a 47 km ao suroeste da capital norueguesa. Aparece por vez primeira documentado no Den røde bok, manuscrito escrito por volta do 1400 no cal se detallan as posesións do bispado de Oslo, co nome de Iacobsland e é que a súa orixe remóntase a un natural do lugar que peregrinou a Santiago de Compostela e a súa volta as súas posesións recibiron o nome do país ao cal peregrinara. Hai outro topónimo de orixe semellante en Noruega, Gallis no concello de Andebu.

En xaneiro de 2007 había 57 persoas en Noruega co apelido Jaksland.