Jaime Quiroga Pardo Bazán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaime Quiroga Pardo Bazán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jaime José Emilio Elías Quiroga y Pardo Bazán Editar o valor em Wikidata
21 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra de Melilla Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
CónxuxeManuela Esteban-Collantes Editar o valor em Wikidata
PaisJosé Quiroga Pérez de Deza Editar o valor em Wikidata  e Emilia Pardo Bazán Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarmen Quiroga Pardo Bazán e Nieves Quiroga Pardo Bazán Editar o valor em Wikidata
ParentesJosé Cavalcanti (cuñado)
Saturnino Esteban Miquel de Collantes (sogro) Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 260391

Jaime Quiroga Pardo Bazán, nado na Coruña[1] o 21 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 11 de agosto de 1936, foi un nobre, militar, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de José Quiroga Pérez de Deza e Emilia Pardo Bazán. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Voluntario na guerra de Melilla (1909), chegou a tenente de Cabalería. En 1932 estivo envolto na Sanjurjada e pasou quince días na cadea.

Durante a guerra civil española, Jaime Quiroga Pardo Bazán e o seu fillo Jaime Quiroga y Esteban Collantes, de 19 anos, foron detidos na súa casa, conducidos ámbolos dous a unha checa de Madrid e fusilados.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En maio de 1916 casou con Manuela Esteban Collantes, filla de Saturnino Esteban Collantes. Tiveron un fillo, Jaime.

Conde de Torre de Cela, foi propietario do pazo de Meirás.

Obras[editar | editar a fonte]

Fotografado por Goñi no verán de 1909 en Melilla (Actualidades, 1 de setembro de 1909).
  • Notas de un viaje por la Italia del norte: Niza, Mónaco, Monte-Carlo, Génova, Milán, Pavía, el Lago Mayor y Venecia, 1902.
  • Aventuras de un francés, un alemán y un inglés en el siglo XXIX, 1902?
  • Las alas del cisne, 1922. Con cuberta ilustrada por Máximo Ramos.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Padrón de vecinos del Ayuntamiento de La Coruña para el año 1882. Barrio 1º" (AHMC, fol. 43r).
  2. Bullón de Mendoza y Gómez de Valugera 2000, p. 84.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]