Jaime Dávila Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaime Dávila Sánchez
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor em Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 2019 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribadavia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jaime Dávila Sánchez, nado en Ribadavia en 1924 e finado na mesma vila o 12 de novembro de 2019, foi un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu como avogado en Ribadavia. Foi presidente do Club Artístico de Ribadavia. Concelleiro de Ribadavia dende 1955,[1] foi nomeado alcalde de Ribadavia en agosto de 1964 tomando posesión o 28 de agosto.[2] Permaneceu no cargo até xullo de 1970. Tamén foi deputado provincial. Volveu ser nomeado alcalde de Ribadavia na Transición. En 1995 encabezou a candidatura do PPdeG ao concello de Ribadavia e foi a forza máis votada, sendo elixido alcalde co apoio de dúas candidaturas independentes. Permaneceu como alcalde ata 1999, cando optou por non presentarse á reelección. Finou en Ribadavia o 12 de novembro de 2019.[3]


Predecesor:
Joaquín Robla Díez
 
Alcalde de Ribadavia
 
1964 - 1970
Sucesor:
Víctor Manuel López Quijada
Predecesor:
Víctor Manuel López Quijada
 
Alcalde de Ribadavia
 
1975 - 1979
Sucesor:
José María Vázquez Pérez
Predecesor:
Miguel Fidalgo Areda
 
Alcalde de Ribadavia
 
1995 - 1999
Sucesor:
José Pérez Iglesias

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Padrón Cendón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-2-1955, p. 9.
  2. El Pueblo Gallego, 1-9-1964, p. 9.
  3. Ribadavia recuerda a Jaime Dávila Sánchez como un buen alcalde

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]