Jacques Vergès
Jacques Vergès, nado o 5 de marzo de 1925 en Ubon Ratchatani, en Tailandia, é un avogado francés coñecido polo seu comunismo anticolonialista e por defender a figuras polémicas como o nazi Klaus Barbie ou o denegacionista Roger Garaudy.
Traxectoria [editar]
Fillo dunha institutriz vietnamita e de Raymond Vergès, cónsul francés, a súa nai morre cando el conta tres anos e a familia trasládase á illa de Reunión. Aos 17 anos deixou a illa e uniuse ao exército das Fozas Francesas Libres, radicado en París desde 1945 ingresou no Partido Comunista Francés, foi secretario da Unión Internacional de Estudantes con sede en Praga (1952-1954). Defensor dos combatentes da Fronte de Liberación Nacional alxeriana, entre os que está a que será a súa dona desde 1965, Djamila Bouhired. En 1957 abandonou o PCF. Cando Alxeria se independiza en 1962 Vergès instalouse en Alxer, converténdose en xefe de gabinete do ministro de Asuntos Exteriores, fundou a revista Révolution africaine, financiada polo FLN.
A partir de 1963 prodúcese unha viraxe na súa ideoloxía achegándose ás teses maoístas, destituído das súas funcións volveu a París, fundou a primeira revista maoísta francesa, Révolution. En 1965, tras a destitución de Ahmed Ben Bella, Vergès volveu a Alxeria, permanecendo alí ata 1970. Entre 1970 e 1978 desapareceu da vida pública, constituíndo un misterio o seu paradoiro.
Defendidos [editar]
- Georges Ibrahim Abdallah.
- Klaus Barbie.
- Paul Barril.
- Bernard Bonnet.
- Robert Boulin.
- Carlos.
- Simone Weber.
- Norbert Dabira.
- Mohamed Diawara.
- Jean-Marc Dufourg.
- Djaffar el-Houari.
- Max Frérot.
- Roger Garaudy.
- Khieu Samphan.
- Magdalena Kopp.
- Anis Naccache.
- Camille Sudre.
- Bara Tall.
- Omar Raddad.
- Louise-Yvonne Casetta.
- Omar Bongo.
- Idriss Déby.
- Denis Sassou-Nguesso.
- Moussa Traoré.
- Abdoulaye Wade.