Jacques Songo'o

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacques Songo'o
Información persoal
Nome completo Jacques Celestin Songo'o
Nacemento 17 de marzo de 1964 (50 anos)
Lugar Sackbayene, Camerún
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Canon Yaoundé
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1989 Canon Yaoundé
1989–1993 Toulon 22 (0)
1992–1993 Le Mans (cedido) 22 (0)
1993–1996 Metz 101 (0)
1996–2001 Deportivo da Coruña 150 (0)
2001–2003 Metz 26 (0)
2003–2004 Deportivo da Coruña 1 (0)
Selección nacional
1984–2002 Camerún 46 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Jacques Celestin Songo'o, nado en Sakbayenne o 17 de marzo de 1964, é un ex futbolista camerunés. Xogaba de porteiro e estivo vinculado maiormente ao Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jacques comezou a súa carreira futbolística profesional no Canon Yaoundé, club do seu país de onde saíron outros xogadores como Thomas N'Kono e Pierre Wome. No ano 1989 fou contratado polo Toulouse FC francés, onde estivo tres anos. En 1992 foise ao Le Mans, onde só permaneceu unha tempada. Ao ano seguinte foi fichado polo FC Metz. Estivo neste equipo ata 1996, xa que as súas boas actuacións lle catapultaron cara á Liga Española, ao Deportivo da Coruña.

Os cinco anos que estivo Songo'ou no club galego servíronlle para gañar unha Liga, unha Supercopa de España e o Trofeo Zamora, que se acredita ao porteiro menos goleado do ano, na tempada 1996/1997, logo de encaixar 32 goles en 42 partidos xogados.

En 2001, Jacques abandonou o Deportivo para volver ao FC Metz, regresando ao club galego na tempada 2003/2004 para retirarse.

Como curiosidade, na tempada 1999/00, anotou un gol ante o Numancia, que supoñía o empate do Deportivo da Coruña, e foille anulado inxustamente por unha falta sobre o porteiro que non cometeu.

Actualmente xoga co Deportivo da Coruña de Veteranos, onde conseguiu gañar a Liga e a Copa Indoor 2008.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Coa selección de Camerún gañou dúas Copas de África, aínda que sendo suplente de Alioum Boukar.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Metz
Deportivo

País[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]