Jacques Ochs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJacques Ochs
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1883 Editar o valor em Wikidata
Niza, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Liexa, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Julian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e gráficos Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Liexa (1893–1971) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónesgrimista , artista gráfico , ilustrador , pintor , caricaturista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1912Xogos Olímpicos de 1912 Editar o valor em Wikidata

Jacques Ochs, nado en Niza o 18 de febreiro de 1883 e finado en Liexa o 3 de abril de 1971, foi un artista e tirador de esgrima belga.[1]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

De orixe xudía[1], a súa familia foi vivir a Bélxica en 1893, estudou na Académie Royale des Beaux-Arts de Liexa,[1] graduándose en 1903, gañando o Premio Donnay dese ano e foi a París para continuar os seus estudos na Académie Julian en París deica 1905. Recoñecido esgrimista, foi o campión de Bélxica de 1912 e participou nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo gañando a medalla de ouro co equipo de espada [2][3], competindo tamén en tres probas individuais. En 1914 proclamouse campión mundial. Voluntario na primeira guerra mundial foi piloto e foi ferido de gravidade. En 1920 converteuse en profesor de pintura da Académie Royale des Beaux-Arts de Liexa,[1] en 1934 era Director do Musée des Beaux Arts da cidade.

Ochs foi un caricaturista recoñecido, publicou en varios xornais como Le Figaro, pero sobre todo fíxose coñecido en todo o país por publicar as súas caricaturas na portada da revista satírica de dereitas Pourquoi Pas?.

Arresto e internamento[editar | editar a fonte]

En abril de 1938, Ochs, publicou unha caricatura de Hitler na portada de Pourquoi Pas? cunha esvástica na cabeza e un espectro coa forma dun xudeu sen cabeza. Tras a invasión alemá, Ochs foi detido o 17 de novembro de 1940. Un mes máis tarde, o 17 de decembro, Ochs quedou internado no campo de Breendonk, ao sur de Antuerpen, onde se enviaban os prisioneiros políticos e xudeus estranxeiros antes de envialos a Alemaña.[1], as condicións eran moi duras, e abundaban as enfermidades e a tortura [4]. Ochs documentou por medio de caricaturas a súa vida no campo, debuxando retratos dos seus compañeiros de infortunio.[1] E mesmo o comandante do campo Philipp Schmitt ordenoulle realizar debuxos do campo e dos seus ocupantes, Ochs estaba obrigado a obedecer pero para realizalos facía os retratos en posición de sentado, para que as vítimas do campo puideran ter un momento de descanso mentres el os debuxaba. En 1942 polas xestións do gobernador militar de Bélxica Alexander von Falkenhausen, que entrara en contacto coa oposición que había no seo do exército alemán a Hitler, foi liberado do campo e Ochs grazas a SS flamengo que coñecía logrou sacar de alí algúns dos seus debuxos. Foi de novo arrestado en 1944 e internado, canda súa irmá, no Campo de Reagrupamento de Malinas, continuou alí a debuxar e puido evitar a deportación por mor dunha opinión "médica" que confirmaba que fora bautizado como protestante, polo que non podía ser xudeu. Cando as forzas británicas liberaron o campo quedou libre como resto dos prisioneiros. British forces.

Despois da guerra[editar | editar a fonte]

Só un pequeno número dos seus debuxos sobreviviron á guerra pero Ochs usounos para reconstruír escenas do campo, publicándoo en forma de libro co título de Breendonck – Bagnards et Bourreaux en 1947. Ochs volveu dar clase en Liexa e continuou a pintar e debuxar. En 1948 entrou na Académie Royale des Sciences, des Lettres et des Arts de Belgique e foi membro da comisión de adquisicións dos Musées Royaux d'Art Moderne. Realizou numerosas exhibicións da súa obra, recibindo premios en recoñecemento da súa obra, entre elas a medalla de ouro na segunda Bienal de Menton en 1953 e a medalla de ouro [Médaille d'or das artes, ciencias e letras de París en 1959.

Caricaturas en Pourquois Pas?[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Jews and the Olympic Games
  2. "Olympics Statistics: Jacques Ochs". databaseolympics.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 7 April 2010. 
  3. "Jacques Ochs Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 7 April 2010. 
  4. tratanplace.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]