Jacob Grimm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacob Grimm, ao fondo á esquerda, co seu irmán Wilhelm

Jacob Grimm, nado o 4 de xaneiro de 1785 en Hanau (Hesse, Alemaña), morto o 20 de setembro de 1863, foi un lingüista e historiador da mitoloxía alemá.

O gran público coñéceo sobre todo polo seu traballo de recollida de contos realizado co seu irmán Wilhelm, baixo a etiqueta común de irmáns Grimm.

Jacob Grimm figura entre os primeiros lingüistas de importancia: o 1822 describiu a natureza das modificacións fonéticas ou leis relativas ás consoantes das linguas xermánicas que se coñecen como lei de Grimm (primeira mutación consonántica).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jacob Grimm