Jacob Gaón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jacob Gaón, falecido en Tolosa en 1463, foi un recadador vitoriano de impostos.

Procedía dunha familia xudía da cidade de Vitoria (actualmente no País Vasco). No século XV varios membros da familia dedicáronse a recadar impostos para os reis de Castela. En 1463, Jacob Gaón dirixiuse a Guipúscoa a cobrar o imposto chamado pedido e reclamouno aos habitantes da vila de Tolosa. Estes contestáronlle que estaban exentos de pagalo, polas disposicións aprobadas polo rei. Gaón ameazounos, e varios deles matárono, decapitaron e expuxeron a súa cabeza no alto dunha picota, como el puxera a Tolosa no alto da súa lista de recadacións. O rei Henrique IV dirixiuse a Tolosa a vingar a súa morte, pero os autores fuxiron da vila. O rei mandou derrubar a casa na que se cometeu o crime. Non chegou a executar aos autores, xa que antes de atrapalos chegoulle unha petición das xuntas de Guipúscoa que lle rogaba perdón para os tolosanos, e expúñalle os argumentos destes, recoñecendo Henrique IV que estaban exentos do pago.