Jack the Ripper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jack o Destripador.

Jack the Ripper, que en galego podería traducirse como Jack o Destripador, é o máis coñecido dos pseudónimos que se lle deron a un asasino en serie non identificado que cometeu varios crimes en 1888, principalmente no distrito de Whitechapel, en Londres, así como nas áreas empobrecidas dos arredores.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O alcume orixinouse dunha carta escrita por alguén que se adxudicaba os asasinatos baixo este pseudónimo, e como resultado da súa difusión polos medios de comunicación, ese nome pasou a ser coñecido pola sociedade en xeral. A pesar disto, varias fontes consideran que o documento se trata realmente dunha broma elaborada por algún xornalista, nun intento de aumentar o interese na historia e, ao mesmo tempo, armar un escándalo. Outros pseudónimos cos que tamén é coñecido o homicida son O asasino de Whitechapel ou o Xenio independente, este último acuñado nunha carta escrita por George Bernard Shaw.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]