Jacinto Santiago
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacinto Eloy Santiago García, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 11 de xuño de 1894 e finado en Celanova o 1 de novembro de 1936, foi un mestre, xornalista e político republicano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi mestre da Escola Normal e da Escola de Artes e Oficios de Ourense, onde entrou como profesor de Matemáticas en 1925.
No ano 1919 xa comezara a publicar nos semanarios La Zarpa e La República, dos que chegou a ser director, canda Roberto Blanco Torres. Tamén colaborou con distintos medios de prensa.
Logo do golpe de estado de 1936, foi detido en Ourense o 7 de agosto. De aí levárono a Celanova, onde faleceu, non se sabe se fusilado ou dun ataque ao corazón momentos antes de selo.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Tallón, Juan (1998). Jacinto Santiago. Escenario grotesco e exemplar. ISBN.
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na web do proxecto As vítimas, os nomes, as voces e os lugares.