Jacinto Rey (escritor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Jacinto Rey, nado en Vigo o 23 de febreiro de 1972, é un escritor galego en lingua castelá. Actualmente reside en Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Ciencias Económicas entre España e Inglaterra, e traballou en varias empresas multinacionais en Alemaña e Suíza.

En 2007 publicou a súa primeira obra, El Cirujano de las Indias, unha novela histórica sobre a colonización española en América del Sur. En 2009 publicou a novela policíaca El último cliente, coa inspectora holandesa Cristina Molen como protagonista, que tivo a súa secula en 2011 coa obra El hombre de El Cairo. Amais, escribiu dous libros de relatos breves e un libro de poemas, El pájaro alunado.

Obra[editar | editar a fonte]

  • 2007: El cirujano de Las Indias (Ediciones El Andén).
  • 2009: El último cliente (Editorial Viceversa).
  • 2011: El hombre de El Cairo (Editorial Viceversa).
  • El pintor de La Habana y otros relatos (relatos breves, inédito).
  • El pájaro alunado (poesía, inédito).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]