JERS 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JERS / Fuyo
Tipo Científico
Organización NASDA
Contratistas principais Mitsubishi Electric
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 11 de febreiro de 1992, 1:50 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador H-I[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Tanegashima[2][6]
Obxectivo da misión Observación terrestre.[2][6]
Decaemento 3 de decembro de 2001[1]
NSSDC ID 1992-007A
Masa 1400,0 kg[5][2]
Dimensións Forma de caixa de 1 x 1,8 x 3,1 metros[2]

JERS ou JERS 1 (acrónimo de Japanese Earth Resource Satellite 1), tamén coñecido como Fuyo, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 11 de febreiro de 1992 mediante un foguete H-I desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de JERS foi a de observar a Terra para facer estudos dos recursos terrestres, controlar cultivos e bosques, preservar o medio ambiente, prever desastres e monitorizar as costas.[6][5][2]

O satélite tiña forma de caixa de 1 x 1,8 x 3,1 metros e estaba estabilizado nos tres eixos. A alimentación eléctrica era proporcionada por un panel solar de 8 metros de longo e 3,4 metros de ancho.[5][2]

JERS foi inxectado nunha órbita inicial de 579,6 km de apoxeo, 558,0 km de perixeo, 97,7 graos de inclinación orbital e un período orbital de 96,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 3 de decembro de 2001.[5][2][1][3]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

JERS levaba os seguintes instrumentos a bordo:[2][5]

  • Radar de apertura sintética (SAR): radar activo de alta resolución de microondas para observación tanto diúrna como nocturna e a través das nubes.
  • Sensores ópticos (OPS): radiómetros multiespectrales de alta resolución capaces de tomar imaxes estereoscópicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "JERS 1" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=21867. Consultado o 4 de maio de 2013.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Japanese Earth Resource Satellite 1" (en inglés). 27 de marzo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1992-007A. Consultado o 4 de maio de 2013.
  3. 3,0 3,1 (PDF) Note verbale dated 23 April 1992 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General. 30 de abril de 1992. pp. 1. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=495.
  4. "JERS 1 / Fuyo 1" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1992.html#JERS-1. Consultado o 4 de maio de 2013.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "JERS (Fuyo)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/jers.htm. Consultado o 4 de maio de 2013.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "JERS" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/jers.htm. Consultado o 4 de maio de 2013.