John Ronald Reuel Tolkien
| John Ronald Reuel Tolkien | |
|---|---|
| Tolkien en 1916 | |
| Nacemento: | 1892 Bloemfontein, Estado Libre de Orange (actual Sudáfrica) |
| Falecemento: | 1973 Bournemouth, Reino Unido |
| Lingua: | Inglés |
| Xénero(s): | Fantasía, Fantasía épica, Tradución, Crítica |
| Cónxuxe(s): | Edith Bratt |
| Sinatura: |
|
John Ronald Reuel Tolkien, nado en Bloemfontein en 1892, finado en Bournemouth en 1973 e citado a miúdo como J. R. R. Tolkien, foi un escritor inglés. Tolkien foi un especialista en historia medieval, filólogo e escritor fantástico de orixe surafricana aínda que aos tres anos marchou coa súa familia a Gran Bretaña.
[editar] Traxectoria
É coñecido polas súas novelas de fantasía, que teñen a peculiaridade de conformar entre todas elas un mundo mitolóxico cunha identidade propia tan "real", que nas súas historias non só atopamos unha cronoloxía histórica coherente entre moitas das súas novelas, senón tamén unha xenealoxía ben definida dos seus personaxes e incluso linguaxes propias, completamente inventadas e perfectamente coherentes, dende un punto de vista lingüístico. Un exemplo destas linguas serían as Eldarin, ou linguas élficas, entre as que se atopa o Quenya. Con todo os primeiros ensaios dese denso mundo mitolóxico fíxoos na poesía, o poema de 1914 The Voyage of Eärendil é un primeiro intento, que artella con máis coherencia en The Shores of Faery (1915) [1].
Dentro das súas novelas, destacan as que forman parte do universo d'O Señor dos Aneis: O Hobbit (1937), a propia triloxía d'O Señor dos Aneis (1954-55), e O Silmarillion, no que se explica toda a mitoloxía que conforma dito universo.
Deu clases de literatura medieval na Universidade de Oxford. Os coñecementos que posuía sobre esta materia resultan evidentes nas súas obras, de carácter épico principalmente, que se desenvolven nun mundo fantástico creado por el mesmo e chamado a Terra Media. Escribiu O Hobbit (1937) para os seus fillos. En 1947 escribiu a novela Farmer Giles of Ham. A continuación do Hobbit, a triloxía titulada O Señor dos Aneis (1954-1955), é un conto imaxinativo e profundo sobre a loita entre o ben e o mal pola posesión dun anel máxico nun mundo de elfos, orcos, dragóns e outros seres míticos. O Silmarillion (1977), que relata os comezos mitolóxicos da Terra Media, e The Book of Lost Tales (1980), que contén relatos que non se incluíron nos seus outros libros e que foron recompilados polo seu fillo, Christopher Tolkien, trala morte do autor.
[editar] Notas
- ↑ Jane Chance Tolkien and the Invention of Myth: a Reader. University Press of Kentucky, 2004, páxina 2
[editar] Véxase tamén