Jürgen Untermann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jürgen Untermann, nado en Rheinfelden o 24 de outubro de 1928, é un lingüista, indoeuropeísta, filólogo e epigrafista alemán.

Índice

[editar] Traxectoria

Discípulo de Hans Krahe e de Ulrich Schmoll, estudou nas universidades de Fráncfort e de Tübingen, sendo Catedrático de Lingüística Comparada na Universidade de Colonia.

As súas investigacións céntranse no estudo das "linguas fragmentarias" ("Trümmersprachen") itálicas e paleohispánicas, chegando a ser considerado a máxima autoridade no estudo das linguas paleohispánicas, especialmente da lingua ibera, destacando a súa edición do corpus de inscricións paleohispánicas (Monumenta Linguarum Hispanicarum) e a súa sistematización da onomástica ibera.

[editar] Publicacións

  • Die vorgriechischen Sprachen Siziliens. Wiesbaden, 1958
  • Die venetischen Personennamen . Wiesbaden, 1961
  • Elementos de un atlas antroponímico de la Hispania Antigua. Madrid, 1965
  • Monumenta Linguarum Hispanicarum. I. Die Münzlegenden. Wiesbaden, 1975
  • Monumenta Linguarum Hispanicarum II: Die Inschriften in iberischer schrift aus Südfrankreich. Wiesbaden, 1980
  • Monumenta Linguarum Hispanicarum III: Die iberischen inschriften aus Spanien. Wiesbaden, 1990
  • Monumenta Linguarum Hispanicarum IV: Die tartessischen, keltiberischen und lusitanischen inschriften. Wiesbaden, 1997
  • Wörterbuch des Oskisch-Umbrischen. Heidelberg, 2000

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas