Jérôme Napoleon Bonaparte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jérôme Napoleon Bonaparte

Jérôme Napoleon Bonaparte, nado o 7 de xullo de 1805 e fnado o 17 de xuño de 1870, é fillo de Jérôme Bonaparte e Elizabeth Patterson, sobriño do emperador Napoleón I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Camberwell Grove, Camberwell, Londres, Inglaterra, pero marchou a vivir ós Estados Unidos coa súa nai, xa que unión fora anulada por orde do emperador francés. Coa anulación veu a rescisión do dereito do fillo de Patterson de levar o nome de Bonaparte, decisión revertida por Napoleón III. Hai unha certa especulación que el foi a razón polo que o Congreso dos Estados Unidos en 1810 propuxo unha emenda á constitución dos EEUU. para retirar a un cidadán americano a súa cidadanía se el ou ela aceptaba un título da nobreza dunha nación estranxeira. A emenda estivo moi preto de ser ratificada polas lexislaturas de suficientes estados para converterse en parte da constitución dos EEUU, faltándolle da aprobación de soamente unha. Casou con Susan May Williams, e deles descende a liña americana da familia Bonaparte. Tiveron dous fillos: Charles Joseph Bonaparte (fundador do FBI) e Jerome Napoleon Bonaparte II.

Graduouse na Mount St. Mary's College en 1817. Morreu en Baltimore, Maryland e enterrouse no cemiterio de Loudon Park, Baltimore.