Iwamizawa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Iwamizawa na prefectura de Hokkaidō | |||
| Localización da prefectura de Hokkaidō no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Illa de Hokkaidō | ||
| Rexión | Rexión de Hokkaidō | ||
| Prefectura | Prefectura de Hokkaidō | ||
| Subprefectura | Subprefectura de Sorachi | ||
| Superficie | 481,10 km2 | ||
| Poboación | 91.191 (2009) | ||
| Densidade | 190 h/km² | ||
| Alcalde | Kōichi Watanabe | ||
Iwamizawa (岩見沢市, いわみざわし, Iwamizawa-shi) é un concello da subprefectura de Sorachi da prefectura de Hokkaidō no Xapón e a capital da súa subprefectura. Está situada no centro-oeste da illa de Hokkaidō, no norte do Xapón. A súa superficie é de 481,10 km² e a poboación de 91.191 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 190 h/km².
O concello de Iwamizawa limita cos concellos de Tsukigata, de Bibai, de Mikasa, de Yūbari, de Kuriyama, de Naganuma, de Nanporo (son da subprefectura de Sorachi); Ebetsu e de Shinshinotsu (son da subprefectura de Ishikari).