Ivan Rakitić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ivan Rakitić
Rakitić xogando con Croacia no Mundial de 2018.
Información persoal
Nome Ivan Rakitić
Nacemento 10 de marzo de 1988 (36 anos)
Lugar de nacemento Rheinfelden
Altura 1,84 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Sevilla
Carreira xuvenil
1992–1995 FC Möhlin-Riburg
1995–2005 Basel
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Basel 34 (11)
2007–2011 Schalke 04 97 (12)
2011–2014 Sevilla 117 (27)
2014–2020 Barcelona 200 (25)
2020– Sevilla 0 (0)
Selección nacional
2006–2007 Suíza sub-21 4 (1)
2009 Croacia sub-21 4 (2)
2007– Croacia 106 (15)
Na rede
https://rakiticivan.com/
Facebook: rakitic.ivan.official Twitter: ivanrakitic Instagram: ivanrakitic FIFA: 296633 UEFA: 97744 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 17 de xullo de 2020.
Selección: actualizado a 13 de outubro de 2019.editar datos en Wikidata ]

Ivan Rakitić, nado en Rheinfelden[1] (Suíza) o 10 de marzo de 1988, é un futbolista profesional que xoga de centrocampista e o seu club actual é o Sevilla FC da Liga Santander. Ademais, é internacional na selección de Croacia. Malia haber xogado coas categorías inferiores de Suíza, Rakitić decidiu xogar internacionalmente con Croacia debido á nacionalidade dos seus pais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Tras pasar uns anos nas categorías inferiores do FC Basel, Rakitić fixo o seu debut co primeiro equipo o 29 de setembro de 2005, nun partido da Copa da UEFA contra o Široki Brijeg.

O 22 de xuño de 2007, fichou polo FC Schalke 04 alemán por 5 millóns de euros.

O 28 de xaneiro de 2011, asinou un contrato de catro anos e medio co Sevilla FC, a cambio de 2.5 millóns de euros.[2]

O 16 de xuño de 2014, Rakitić asinou un contrato de cinco anos co FC Barcelona, efectivo dende o día 1 de xullo.[3]

Rakitić xogou coa selección croata dende 2007, incluíndo participacións nas Eurocopas de 2008 e de 2012, e no Mundial de 2014.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

FC Basel
2006–07
Sevilla
2013–14
Barcelona
2014–15, 2015–16, 2017–18, 2018–19
2014–15, 2015–16, 2016–17, 2017–18
2016, 2018
2014–15
2015

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ivan Rakitic". FC Barcelona. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  2. "Rakitić opts for Sevilla, Medel to follow". UEFA. 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  3. "Agreement for Ivan Rakitic to join FC Barcelona". FC Barcelona. Consultado o 16 de xuño de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]