Ivan Aivazovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ivan Kostantinovich Aivazovsky (Հովհաննես Այվազովսկի) (Иван Константинович Айвазовский)
Retrato de Aivazovsky, por Aleksei Tyranov, 1847.
Nacemento17 de xullo de 1817
 Teodósia
Falecemento19 de abril de 1900
 Teodósia
NacionalidadeRuso/Armenio
Fillossen etiquetar
EidoPintura, debuxo
editar datos en Wikidata ]

Iván Konstantinovich Aivazovsky, en armenio Հովհաննես Այվազովսկի, en ruso Иван Константинович Айвазовский, nado en Teodosia o 29 de xullo de 1817 e finado no mesmo lugar o 5 de maio de 1900, foi un pintor ruso de orixe armenia famoso polas súas mariñas.

Naceu na cidade de Feodosiya, Crimea, viviu a súa infancia na pobreza, pero grazas ao seu talento artístico conseguiu entrar no instituto e posteriormente pasar pola Academia de artes de San Petersburgo.

Comezou pintando paisaxes e fixo unha serie de pinturas de cidades costeiras crimeanas antes de facer unha viaxe por toda Europa. No final da súa vida, pintou escenas navais comisionado pola Mariña rusa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1833 ingresou na Academia Imperial das Artes de San Petersburgo, recibindo dous anos despois a medalla de prata nun certame artístico pola súa obra Estudo aéreo sobre o mar. Esta pintura foi elixida para decorar o Palacio de Inverno. En 1841 comezou unha viaxe de cinco anos que o levaría por distintos países, entre eles Italia, Portugal, España, Francia, Reino Unido e Holanda. En 1842 coñeceu ao célebre paisaxista Turner. Ao seu regreso a Rusia, en 1844, recibiu o nomeamento como académico da Academia Imperial das Artes de San Petersburgo. Dous anos despois foi nomeado profesor na mesma institución.

En 1848 celebrou a súa primeira exposición en Moscova. En 1853 participou nas escavacións arqueolóxicas realizadas en Teodosia, sacando á luz numerosos obxectos de arte que pasaron a formar parte das coleccións do Ermitage.

En 1857, tras unha brillante exposición das súas obras celebrada en París, Aivazovski foi condecorado coa Lexión de Honra. En 1869 visitou Exipto.

Galería de obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]