Iván Aivazovsky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porto de Odessa no Mar Negro

Iván Konstantinovich Aivazovsky (1817 - 1900) foi un pintor ruso de orixe armenia.

Naceu na cidade de Feodosiya, Crimea, viviu a súa infancia na pobreza, pero grazas ao seu talento artístico conseguiu entrar no instituto e posteriormente pasar a Academia de artes de San Petersburgo.

Comezou pintando paisaxes e fixo unha serie de pinturas de cidades costeiras crimeanas antes de facer unha viaxe por toda Europa. No final da súa vida, pintou escenas navais comisionado pola Marina rusa.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas