Itzhak Ben-Zvi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Itzhak Ben-Zvi
Yitzhak Ben-Zvi.jpg
Itzhak Ben-Zvi
Presidente de Israel
Período: 16 de decembro de 1952 - 23 de abril de 1963
Antecesor: Chaim Weizmann
Sucesor: Zalman Shazar
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor:
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 24 de novembro de 1884
Lugar: Poltava, Ucraína, Imperio Ruso
Falecemento: 23 de abril de 1963
Lugar: Xerusalén, Israel
Organización: Mapai
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Rachel Yanait Ben-Zvi
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: avogado e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Itzhak Ben-Zvi (24 de novembro de 1884 - 23 de abril de 1963), foi un historiador e político israelí, líder do sionismo socialista e o segundo presidente de Israel.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Poltava no Imperio Ruso, hoxe en Ucraína, Itzhak era o fillo máis vello de Zvi Shimshelevitz. Participou nas unidades de autodefensa que os xudeus organizaron en Ucraína para se defenderen durante os pogroms de 1905, militou no partido sionista marxista Poale Zion e foi delegado no Congreso Sionista de 1907 e alí coñeceu a Israel Shochat, delegado do seu partido na Terra de Israel e que o convenceu para se establecer alí. Instalouse en Jaffa nese mesmo ano, no seu apartamento creouse ese 28 de setembro a organización clandestina "Bar-Giora", precursora da organización paramilitar Hashomer. En 1909 organizou xunto a Rachel Yanait o Instituto de Educación Secundaria de Xerusalén.

Entre 1912 e 1924 estudou no Galatasaray Lisesi de Estambul e máis tarde dereito na Universidade de Estambul, coincidindo con David Ben Gurion, futuro primeiro ministro de Israel. Ben-Zvi regresou con Ben Gurion a Palestina en agosto de 1914, pero as autoridades otomás expulsáronos en 1915. Estableceuse en Nova York onde estivo involucrado no movemento sionista e organizou unha sección do movemento xuvenil sionista HeHalutz. Xunto con Ben Gurion escribiu en 1918 en yiddish o libro ארץ ישראל אין פערגאנגינהייט און געגענווארט (Erets Yisroel in fergangenhayt un gegenvart) para promover a causa sionista entre os xudeus estadounidenses. Logo do seu retorno a Palestina nese ano casou con Rachel Yanait.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Ben-Zvi serviu na Lexión Xudía xunto co seu amigo David Ben-Gurion ó final da Primeira Guerra Mundial. En 1919 foi un dos fundadores do partido Ahdut HaAvoda e veuse envolvido na Haganah. Posteriormente entrou a formar parte do concello de Xerusalén e do Consello Nacional, o goberno da comunidade xudía durante o mandato británico en Palestina. Segundo o profesor de ciencias políticas Shlomo Nakdimon Ben-Zvi ordenou o asasinato de Jacob Israël de Haan,[1] unha figura moi controvertida, antigo sionista que se convertera en voceiro dos haredi.[2]

Ben Zvi co alcalde de Xerusalén, 1952

Presidencia[editar | editar a fonte]

Ben-Zvi foi un dos asinantes da Declaración de Independencia o 14 de maio de 1948, foi membro do primeira e segundo Knesset representando o partido Mapai e foi presidente de Israel desde o 8 de decembro de 1952 ata a súa morte.

Ben-Zvi co oitavo goberno israelí, 1958

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shlomo Nakdimon; Shaul Mayzlish (1985) דה האן : הרצח הפוליטי הראשון בארץ ישראל Deh Han : ha-retsah ha-politi ha-rishon be-Erets Yisraʼel. Tel Aviv: Modan Press.
  2. [http://www.zionism-israel.com/dic/Neturei_Karta.htm Neturei Karta

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Presidente de Israel

Segue a:
Chaim Weizmann
Itzhak Ben-Zvi
Precede a:
Zalman Shazar
Mapai