Iturup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iturup
Vista da illa
Demis-Iturup.png
Datos
Capital Kurilsk
País Rusia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas Kuriles
Linguas [[]]
Poboación (2003) 7.500 hab.
Superficie 3.184 km²
Densidade
Coordenadas 45°02′N 147°37′E / 45.033°N 147.617°E / 45.033; 147.617
Maior Altura Stokap 1.634 m.
Localización
Localización  da illa
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Iturup (en ruso: Итуруп; en xaponés: 択捉島, Etorofu-tō) é a illa máis grande do arquipélago das Kuriles, cunha superficie de 3.139 km². Ao nordés atópase a illa Urup, separada polo estreito de Vries, e ao suroeste a illa Kunashir, separada polo estreito de Ekaterina.

Administrativamente, forma parte do raion de Kurilsk, do óblast de Sajalín, Rusia. O centro administrativo é a cidade de Kurilsk.

Xapón reclama a soberanía de Iturup, e inclúe a illa na Subprefectura de Nemuro da prefectura Hokkaido.

Na illa atópase o campo de aviación militar Burevestnik (Буревестник).

En 2006 en Iturup foi aberto o maior complexo de tratamento de peixe de Rusia.