It's Blitz!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

It's Blitz!
Álbum de Yeah Yeah Yeahs
Publicado9 de marzo do 2009
Gravación2008
Estudio(s)Sonic Ranch, Tornillo, TX; Long View Farm Studios, North Brookfield, MA; Stay Gold Studio, Brooklyn, NY; The Boat, Los Angeles, CA; Seedy Underbelly, Valley Village, CA
Duración41:49
Xénero(s)indie rock, dance punk, Synthpop
Selo(s)Interscope Records
Producido porNick Launay, Dave Sitek
Cronoloxía
Is Is It's Blitz! -

It's Blitz! é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Yeah Yeah Yeahs, editado o 9 de marzo do 2009 a través do selo Interscope Records. Inicialmente a data de lanzamento era o 13 de abril, porén, despois de que o álbum se filtrase a internet o 22 de febreiro, adiantouse cunha edición dixital o día 9 de marzo seguida pola edición física o 31 dese mesmo mes. O seu primeiro sinxelo, "Zero", apareceu o 24 de febreiro.

O álbum foi nomeado ao premio Grammy ao mellor álbum de música alternativa.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Brian Chase, Karen Orzolek e Nick Zinner.

  1. "Zero" - 4:25
  2. "Heads Will Roll" - 3:41
  3. "Soft Shock" - 3:53
  4. "Skeletons" - 5:02
  5. "Dull Life" - 4:08
  6. "Shame and Fortune" - 3:31
  7. "Runaway" - 5:13
  8. "Dragon Queen" - 4:02
  9. "Hysteric" - 3:50
  10. "Little Shadow" - 3:57