Issac Delgado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Issac Felipe Delgado Ramírez, coñecido como Issac Delgado, nado na Habana o 11 de setembro de 1962, é un cantante de salsa de Cuba.
Traxectoria [editar]
En 1983 comezou a súa carreira profesional chegando a ser un dos membros da Orquesta de Pancho Alonso. Empezou a viaxar polo mundo coa orquestra e gravou o seu primeiro disco compacto. En 1987 converteuse no vocalista de "Galaxia" e gravou o seu segundo CD. Un ano despois lidera o grupo "NG La Banda" como vocalista. Con este grupo consegue unha gran fama. Con esta banda gravou tres CD e foi galardoado co premio EGREM 1990-1991.
O seu último álbum foi lanzado en maio de 2007. Agora vive en Tampa, Florida.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||