Israel Kamakawiwoʻole
| Israel Kamakawiwoʻole | |
|---|---|
| Nome completo | Israel Kaʻanoʻi Kamakawiwoʻole |
| Alias | |
| Naceu | 20 de maio de 1959 |
| Orixe | Honolulu, |
| Morreu | 26 de xuño de 1997 |
| Ocupación (s) | Cantante |
| Xénero | Música hawaiana |
| Instrumento(s) | Ukulele, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | Makaha Sons of Niʻihau |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Israel "IZ" Kaʻanoʻi Kamakawiwoʻole, nado en Honolulu o 20 de maio de 1959 e finado o 26 de xuño de 1997, foi un cantante hawaiano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fíxose famoso fóra de Hawaii cando o seu álbum Facing Future foi lanzado ó mercado en 1993. A súa versión da "Over the Rainbow" e do clásico de Louis Armstrong "What a Wonderful World" foron empregados posteriormente en varios filmes, programas de televisión e en publicidade.
A través do seu ukulele e da incorporación de outros xéneros musicais á súa música (como o jazz e o reggae), Kamakawiwoʻole converteuse nunha das referencias da música de Hawaii.[1]
Política [editar]
Kamakawiwoʻole era coñecido por ser un defensor dos dereitos dos hawaianos e da independencia de Hawai, tanto a través das súas letras, que aludían a miúdo o tema da independencia de forma directa, como da súa vida.[2] A súa canción Hawai'i '78 é unha mostra das súas crenzas e esperanzas que tiña para o pobo de Hawai.[3] O lema do estado de Hawai é unha liña recorrente na canción e abarca o significado da mensaxe de Iz: Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono (que significa: A vida nesta terra perpetúase na xustiza).[4]
Discografía [editar]
Álbums [editar]
- Ka ʻAnoʻi (1990)
- Facing Future (1993)
- E Ala E (1995)
- N Dis Life (1996)
- Iz in Concert: The Man and His Music (1998)
- Alone in Iz World (2001)
- Wonderful World (2007)
- Over the Rainbow (2011)
Notas [editar]
- ↑ Gordon, Mike; Beverly Creamer and Wayne Harada. "The Legacy: A Voice Of Hawaiʻi and Hawaiians". The Honolulu Advertiser. http://iz.honoluluadvertiser.com/story_p3.html. Consultado o August 19, 2008.
- ↑ Carroll, Rick. Iz: Voice of the People. Honolulu, Hawai'i: Bess, 2006. Print.
- ↑ Israel Kamakawiwo'ole. "Hawai'i '78." Facing Future. Mountain Apple Company, 1993. MP3.
- ↑ http://www.netstate.com/states/mottoes/hi_motto.htm