Ismael Rego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ismael Rego González»)
Infotaula de personaIsmael Rego
Biografía
Nacemento23 de maio de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Foz, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ismael Rego González, nado en Cangas de Foz o 23 de maio de 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballador de Alcoa. Militante da UXT desde 1977 e do PSdeG-PSOE desde o 1978. Foi elixido concelleiro en Cervo en 1983, permanecendo na oposición ata que en 1987 o seu grupo logrou a alcaldía da man de Roberto Álvarez Fernández, pasando a ser o seu primeiro tenente de alcalde. En setembro de 1986 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia en substitución de Manuel Guillermo Varela Flores, posto que revalidou tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989. Desta forma compaxinou as súas labores como parlamentario e tenente de alcalde.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993 perdeu o seu escano tralos malos resultados do PSdeG. Porén, trala dimisión de Fernando Salgado en setembro de 1994 volveu acceder ao Parlamento. Tras consumarse a segregación de Burela do concello de Cervo en decembro de 1994, renunciou á súa acta de concelleiro en Cervo e pasou a formar parte da comisión xestora do novo concello burelense ata as eleccións municipais de maio de 1995, sendo o portavoz do grupo socialista. Formou parte do goberno encabezado polo nacionalista Manuel Parga Núñez, o cal recibiu o apoio dos socialistas en busca dun candidato de consenso entre PSdeG e PPdeG, se ben os populares non o chegaron a apoiar. Foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Burela en 1995 perdendo fronte ó PPdeG que logrou a maioría asboluta, polo que se situou na oposición.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997 revalidou a súa acta de deputado. Nesa lexislatura situouse como un dos principais apoios do novo Secretario Xeral do PSdeG Emilio Pérez Touriño. Revalidou a súa acta tralos comicios de 2001, 2005 e 2009. Foi Presidente do Grupo Parlamentario Socialista de 1997 a 2005, e Portavoz de 2005 a 2009.

Retirouse da política de cara ás Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, nas cales non concorreu nas listas. Desta forma, volveu ó seu traballo en Alcoa ata a súa xubilación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]