Islandia - Ísland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lýðveldið Ísland

República de Islandia
Bandeira de Islandia Escudo de Islandia
Bandeira Escudo
Himno nacional: Lofsöngur
 
Europe-Iceland.svg
 
Capital
 • Poboación
Reiquiavik
120.165 (2008)
Cidade máis poboada Reiquiavik
Linguas Islandés
Forma de goberno República parlamentaria
Ólafur Grímsson
Jóhanna Sigurðardóttir
Independencia
 • Data
de Dinamarca
17 de xuño de 1944
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 107º
103.001 km²
2,75
0 km
4.988 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 172º
319.756 (2008 est.)
3,1 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 101º
US$ 16.788 millóns
US$ 53.058
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 134º
US$ 12.805 millóns
US$ 40.471
IDH (2007) 0,969 () – Moi Alto
Moeda Coroa (ISK)
Xentilicio Islandés, islandesa
Fuso horario GMT (UTC+0)
Dominio de Internet .is
Prefixo telefónico +354
Prefixo radiofónico TFA-TFZ
Código ISO 352 / ISL / IS
Membro de: OTAN, ONU, OCDE, OSCE, EFTA, COE, Consello Nórdico.
Tódolos países do mundo

Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado sobre o Dorsal Medio Atlántico, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Grenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.

Debido á súa localización na Dorsal mesoatlántica, Islandia é unha illa xeoloxicamente activa e con moita actividade volcánica; esta localización é a causante da paisaxe característica islandesa. A paisaxe do interior da illa caracterízase pola presenza de grandes chairas, montañas e glaciares. Grazas á Corrente do Golfo, Islandia posúe un clima temperado comparado co clima que lle correspondería para a súa latitude, grazas ó cal pode desenvolverse a vida na illa.

Islandia está habitada dende o ano 874 cando, segundo o Landnámabók, o xefe noruegués Ingólfur Arnarson converteuse no primeiro habitante permanente da illa. Co paso dos séculos a illa poboouse con xentes de orixe nórdica e céltica. Entre 1262 e 1944 a illa pertenceu ás monarquías norueguesa e dinamarquesa. Ata o século XX, a poboación islandesa adicouse principalmente actividades relacionadas coa pesca e a agricultura, non foi ata finais deste século cando a economía islandesa comezou desenvolverse e virar cara outras actividades.

Hoxe en día, Islandia é un país desenvolvido, o quinto país do mundo en canto a Produto Interior Bruto per cápita e o primeiro, xunto con Noruega, en canto a desenvolvemento humano. Islandia posúe unha economía de libre mercado, baseada nos servizos, nas finanzas, na pesca e nalgunhas industrias principalmente. O turismo é un sector importante no país, xa que a moita xente é atraida pola súa exótica paisaxe. A illa é membro da Organizacións das Nacións Unidas, da Organización do Tratado do Atlántico Norte, do Consello de Europa, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e do Consello Nórdico.

Índice

[editar] Etimoloxía

Hai diferentes teorías que explican a orixe do nome "Ísland". Unha das teorías, aínda que poida que teña máis de lenda que de realidade, é que un dos mariñeiros noruegueses que chegaron por primeira vez á illa, concretamente Flóki Vilgerðarson, subiu á cima dunha montaña en Vatnsfjörður divisando dende aí un mar de xeo, e así decidiu chamar á illa "Ísland" ou "Terra do Xeo".

Outras teorías falan de nomes recibidos antes do descubrimento noruegués da illa, como por exemplo que proveña do nome da deusa exipcia Isis. Unha última teoría conta que o nome procede dunha lingua celta, segundo teorías que din que a illa xa fora habitada antes da chegada dos viquingos, neste caso por unha tribo que se chamarían os "Iceni", que despois de enfrontarse aos romanos cara ao século I emigrarían das illas Británicas cara o norte chegando a Islandia, co que a orixe do nome viría de "Ice-leanbh" ou "os fillos de Iceni".[1]

[editar] Historia

Harald I recibindo o Reino de Noruega.

Aínda que existen evidencias da presenza de monxes irlandeses na illa, xeralmente considérase que Islandia foi fundada e poboada por exploradores noruegueses. O primeiro destes foi Ingólfur Arnarson, quen construíu o seu fogar en Reykjavík, capital actual da Islandia. Ingólfur foi seguido por outros poboadores, principalmente homes noruegueses e os seus escravos irlandeses. No ano 930, fundouse o primeiro estado libre islandés, co Alþingi como principal órgano político, lexislativo e xudicial. No ano 1000 a illa adoptou o Cristianismo como relixión oficial.

O estado libre islandés durou ata o 1262, cando o sistema político elaborado polos primeiros poboadores sucumbiu ante o aumento do poder do xefes islandeses. Os problemas internos e civís sucederonse no período máis sanguento da historia da Islandia coñecido como Sturlungaöld (narrado na Saga Sturlunga) o que levou á sinatura do Gamli sáttmáli, acordo no que Islandia pasaba a estar baixo o dominio da coroa norueguesa. No século XIV Islandia pasou ás mans do Reino de Dinamarca e Noruega e máis tarde á Unión de Kalmar trala unión do Reino Dano-noruegués con Suecia. Nos séculos vindeiros Islandia convertiuse nun dos países máis pobres da Europa debido ás erupcións volcánicas e ao duro clima, o que facían moi dificil a vida nunha sociedade que vivía exclusivamente da agricultura e da pesca.

Jón Sigurðsson

A mediados do século XVI, o rei Christian III de Dinamarca comezou a impoñer o luteranismo en tódolos seus dominios. O último bispo católico en Islandia foi decapitado en 1550, e foi despois disto cando toda a poboación se converteu ao luteranismo, a denominación cristiá predominante no país desde entón.

En 1814, seguindo ás guerras Napoleónicas, a unión de Dinamarca e Noruega rompeu en dous reinos separados mediante o Tratado de Kiel. Islandia, porén, seguiu dependendo de Dinamarca. A situación do país empeorou durante o século XIX, levando a que houbese emigracións masivas a América do Norte, sobre todo ó Canadá. Mentres xurdiu un novo movemento de independencia baixo o liderado de Jón Sigurðsson, inspirado polas ideoloxías románticas e nacionalistas da Europa Continental.

En 1874 Dinamarca outorgoulle a Islandia a autonomía política, que foi ampliada en 1904. O Acto de Unión, un tratado con Dinamarca feito o 1 de decembro de 1918, recoñeceu a Islandia como un Estado soberano independente unido con Dinamarca baixo o reinado dun mesmo rei. Durante a Segunda Guerra Mundial, a ocupación alemá de Dinamarca do 9 de abril de 1940 rompeu as comunicacións entre Islandia e Dinamarca. Un mes despois, as forzas militares británicas navegaron ata o porto de Reiquiavik, comezando a invasión e ocupación de Islandia polas forzas aliadas que aguantarían ao largo de toda a guerra. No verán de 1941, os británicos abandonaron e a ocupación foi asumida polos Estados Unidos. Coa axuda americana, e seguindo un plebiscito, Islandia volveuse formalmente unha República Independente o 17 de xuño de 1944. As forzas de ocupación marcharon en 1946. O 5 de maio de 1951, dous anos despois de que Islandia se unira á OTAN, asinouse un acordo de defensa cos Estados Unidos e as tropas americanas volveron e quedaron como parte do tratado de defensa ata o outono do 2006.

[editar] Xeografía

Mapa da illa de Islandia

[editar] Topografía e localización

Islandia vista dende un satélite espacial

Islandia atópase no Atlántico norte ao sur do Círculo Polar Ártico, situado ao mesmo nivel que a illa islandesa de Grímsey no norte da costa islandesa. Ao contrario ca súa veciña Grenlandia, Islandia considérase parte da Europa, e non do continente americano, aínda que xeoloxicamente, a illa pertence a ámbolos dous continentes. Debido á súa cultura, economía e semellanzas lingüísticas, Islandia adoita incluírse na Escandinavia. A illa constitúe a decimo oitava illa maior do mundo e a segunda maior de Europa, só detrás da Gran Bretaña.

Aproximadamente o 11% da illa atópase baixo os glaciares .[2] A illa posúe unha costa de 4.970 km, onde se atopan a maioría das vilas, xa que o interior da illa e practicamente inhabitable. As vilas principais do país son Reykjavík, Keflavík, onde se atopa o aeroporto principal, e Akureyri. A illa de Grímsey no Circulo Polar Ártico posúe o núcleo de poboación máis setentrional da illa.[3]

O único mamífero terrestre nativo que había na illa cando chegaron os primeiros humanos era o raposo ártico. O raposo chegou á illa ao rematares a idade do xeo, camiñando sobre o mar conxelado. Na illa non existen nin réptiles nin anfibios nativos. En Islandia hai arredor de 1.300 coñecidas de insectos, unha cifra bastante baixa se a comparamos coa de outros países (existen arredor de 925.000 especies coñecidas no mundo). Durante a derradeira idade do xeo todo o país quedou cuberto permanentemente de neve e xeo glaciar, o que explica o pequeno número de especies que viven en Islandia.

Cando os humanos chegaron, os bosques de bidueiros cubrían aproximadamente entre o 25 e o 40% do territorio islandés, máis en canto chegaron os primeiros habitantes, estes bosques foron tallados para a construción dos novos poboados. Durante o século XX os bosques islandeses chegaron a un mínimo histórico, chegando case a desaparecer. Dende aquela, a plantación de novos bosques fixo medrar a superficie arborado da illa, aínda que non é comparábel coa superficie que tiveron os bosques orixinarios.

[editar] Área

  • Islandia: 103.000 km²
  • Vexetación: 23.805km²
  • Lagos: 2.757km²
  • Glaciares: 11.922km²
  • Ermo: 64.538km² (24,918 sq mi)[4]


[editar] Actividade xeolóxica e volcánica

Lago volcánico de Grímsvötn no glaciar de Vatnajökull
Dettifoss, a maior fervenza da Europa, atópase no norleste de Islandia

Un terreo xeoloxicamente novo, Islandia atópase nun punto xeolóxico quente, que se cre foi causado por unha columna de fume, e pola Dorsal mesoatlántica, que pasa xusto polo medio. Esta situación combinada significa, xeoloxicamente que a illa posúe unha actividade moi forte, xa que ten varios volcáns, destacando o Hekla, Eldgjá e Eldfell. A erupción do Laki entre 1783 e 1784 causou unha famenta que matou a preto dun cuarto da poboación da illa; a erupción causou nubes de po e unha especie de neboa que permaneceu sobre a maior parte de Europa e partes de Asia e África durante algúns meses.

Na illa tamén existen multitude de geysers (palabra derivada do nome dun dos moitos existentes en Islandia, Geysir). Grazas á dispoñibilidade do poder xeotermal, e ós numerosos ríos e fervenzas que se aproveitan para enerxía hidráulica, os habitantes da maioría das poboacións teñen auga quente e calefacción a baixo prezo. A illa en si mesma está composta principalmente de basalto, unha lava baixa en silicio asociada co volcanismo ao igual que en Hawaii. Hai, porén, unha variedade de tipo de volcáns en Islandia que producen lavas máis evolucionadas, como a riolita e a andesita.

Islandia posúe unha das illas máis novas do mundo, a illa de Surtsey. Xurdida do océano debido a unha erupción volcánica entre o 8 de novembro de 1963 e o 5 de xuño de 1968.

[editar] Lista dos maiores lagos da Islandia

  • Þórisvatn : 83-88 km² (32-34 sq mi)
  • Þingvallavatn : : 82 km² (32 sq mi)
  • Lögurinn : 53 km² (21 sq mi)
  • Mývatn : 37 km² (14 sq mi)
  • Hvítárvatn : 30 km² (12 sq mi)
  • Hóp : 30 km² (12 mi²)
  • Langisjór : 11.6 km² (4.5 sq mi)[4]

[editar] Lista dos lagos máis profundos

Strokkur, geyser no proceso de erupción. Atopada no medio da Dorsal Mesoatlántica, Islandia é unha das zonas xeoloxicamente máis activas da terra.
  • Öskjuvatn : 220 m (722 ft)
  • Hvalvatn : 160 m (525 ft)
  • Jökulsárlón : 150 m (492 ft)
  • Þingvallavatn : 114 m (374 ft)
  • Þórisvatn : 113 m (371 ft)
  • Lögurinn : 112 m (367 ft)
  • Kleifarvatn : 97 m (318 ft)
  • Hvítárvatn : 84 m (276 ft)
  • Langisjór : 75 m (246 ft)[4]


[editar] Distancia aos países e illas más próximas

[editar] Clima

O clima da costa de Islandia é oceánico frío. A quente Corrente do Golfo proporciona á zona maiores temperaturas que as que teñen outras zonas na mesma latitude no mundo. Os invernos adoitan ser benignos e ventosos, mentres que os veráns adoitan ser húmidos e frescos. No mundo pódense atopar outras rexións con climas semellantes como as Illas Aleutianas, a península de Alaka e Terra do Lume (Arxentina). Existen algunhas diferenzas respectos ao clima segundo a parte da illa. A costa sur é máis quente, húmida e ventosa que o norte. A neves son tamén máis comúns no norte que no sur. As Terras altas centrais constitúen a parte máis fría do país.

A maior temperatura recollida na illa foi de 30,5 °C (86.9 °F) o 22 de xuño de 1939 en Teigarhorn, na costa sueste. A temperatura máis frías recollida foi de -38 °C (-36.4 °F) o 22 de xaneiro 1918 en Grímsstaðir e Möðrudalur no interior e nordeste. O máis grande rexistro de temperatura máxima para Reiquiavik foi de 24,8 °C (76,6 °F) o 11 de agosto do 2004, e -24,5 °C (-12,1 °F) o 21 de xaneiro de 1918.

Media da temperatura máxima e mínima (°C) (1961–1990)[5]
Localización Xan Feb Mar Abr Maio Xun Xul Agost Set Out Nov Dec Media
Reykjavík[6] 1,9 2,8 3.2 5,7 9,4 11.7 13,3 13,0 10.1 6,8 3,4 2.2 Alta 7.0
-3,0 -2,1 -2.0 0,4 3,6 6.7 8,3 7,9 5.0 2,2 -1,3 -2.8 Baixa 1,9
Akureyri[7] 0,9 1,7 2.1 5,4 9,5 13.2 14,5 13,9 9.9 5,9 2,6 1.3 Alta 6,7
-5,5 -4,7 -4.2 -1,5 2,3 6.0 7,5 7,1 3.5 0,4 -3,5 -5.1 Baixa 0,2

[editar] Vida vexetal e animal

Islandia é unha illa con poucos recursos minerais e agrícolas. O curto período de tempo dende a derradeira Idade do xeo, arredor dos 10.000 anos, provocou que as plantas e os animais tivesen pouco tempo para emigraren á illa, desenvolverse e evolucionar. Aproximadamente 3 cuartos da illa atópanse baleiros de vexetación. A maior parte da vexetación consiste nas praderías, as cales constitúen o principal alimento para o gando. A única árbore nativa de Islandia é o Bidueiro setentrional Betula pubescens. O poboamento permanente da illa causou un grande impacto no ecosistema illado, no solo volcánico e na limitada biodiversidade. Os bosques foron fortemente tallados durante séculos para a obtención de madeira e de leña. A deforestación deu lugar á erosión e á perda de solo, o que fixo que os bosques tivesen maior dificultade para rexenerarse. Na actualidade, só se poden atopar pequenos bosques de bidueiro nalgúns drenaxes aillados.

Os animais de Islandia son principalmente agrícolas, destacan a ovella islandesa, as vacas, e o cabalo islandés. Nas augas oceánicas que arrodean o país viven multidude de especies de peixe, o que fan que a pesca, sexa un dos grandes contribuíntes á economía islandesa, constituíndo o peixe a metade das exportacións do país. Entre os mamíferos salvaxes destacan o raposo ártico, o visón, o rato, a rata, o coello e o reno. Antes do século XIX, os osos polares adoitaban visita-la illa, ao viaxaren en anacos de xeo dende Grenlandia. As aves forman a comunidade animal máis abondosa da illa. A maiorías destas son aves mariñas. Destacan os araos dos cons, os arao pequenos, os araos papagaios, os araos romeiros os pigargos e as gaivotas tridáctilas as cales aniñan nos cantís da illa.

[editar] Política e goberno

Islandia é unha república democrática representativa parlamentaria, segundo o cal o Primeiro ministro de Islandia é o xefe de goberno. O poder executivo é exercido polo goberno. O poder lexislativo é exercido polo goberno e o parlamento, o Alþingi e o poder xudicial é independente do resto de poderes. Islandia formalizou en xullo de 2009 a súa candidatura á Unión Europea[8]. No caso de que as negociacións sigan un curso normal realizarase un referendo para que a adhesión sexa efectiva. A primeira ministra Jóhanna Sigurðardóttir é unha das principais voces favorables á integración na UE.

[editar] Poder executivo

Alþingi, o parlamento nacional de Islandia, en Reiquiavik.

O Presidente de Islandia, elixido por un mandato de catro anos, ten poderes limitados, sendo o primeiro ministro e o seu gabinete os que exercen máis funcións executivas. O presidente exerce funcións máis cerimoniais, servindo coma diplomático, representante do país e xefe de Estado. O xefe de goberno é o primeiro ministro que, xuntamente co seu gabinete, coida da parte do executivo do goberno. O gabinete é nomeado polo presidente despois de eleccións xerais para o Alþingi, con todo este proceso é xeralmente conducido polos líderes dos partidos políticos, que deciden entre si. Só cando os líderes dos partidos son incapaces de chegar a unha conclusión por si mesmos nun prazo razoable é o presidente quen exerce ese poder e nomea o propio despacho, aínda que iso nunca aconteceu até o memento dende a República, fundada en 1944, mais en 1942 o rexente do país, Sveinn Björnsson, fixo nomear un parlamento non-gobernamental. O rexente tiña, para todos os efectos prácticos, a posición dun presidente, e Björnsson, de feito, tornouse no primeiro presidente do país en 1944.

Colexio electoral durante as eleccións de 2009.

Os Gobernos de Islandia teñen sido case sempre coalicións con dúas ou máis partes debido ao feito de ningún partido político recibiu nunca unha maioría de lugares no Alþingi no período da república. A extensión dos poderes políticos presentados polo despacho do presidente son contestados polos estudosos legais en Islandia; diversas disposicións da Constitución parecen dar algúns poderes importantes ao presidente, mais outras disposicións e as tradicións, suxiren outra cousa distinta. O presidente é elixido de catro en catro anos, ao igual que o gabinete e as eleccións do consello municipal.

[editar] Poder lexislativo

O parlamento moderno, chamado "Alþingi", foi fundado en 1845 como un órgano consultivo do rei danés, visto como o restabelecemento dunha asemblea fundada en 930, no período da Commonwealth e suspensa en 1799. O Alþingi está composto por 63 membros, elixidos a cada castro anos, excepto se fose disolto máis cedo. Existe sufraxio universal nas eleccións presidenciais e a idade mínima para presentar unha candidatura é de 18 anos. Os membros do Alþingi son elixidos con base á representación proporcional dos seis círculos electorais. Até 1991 o Alþingi estivo dividido entre unha cámara alta e unha baixa, mais esta foi alterada para un pleno sistema unicameral.

[editar] Poder xudicial

O sistema xudicial consiste no Tribunal Supremo ou Hæstiréttur, en que os conselleiros son nomeados polo presidente de por vida, e nos tribunais comarcais. A Constitución di que o poder xudicial está separado dos restantes, neste caso, lexislativo e executivo.

[editar] Subdivisións administrativas

Islandia divídese en rexións, circunscricións, condados e concellos.

Divisións de Islandia
Rexións.
Rexións.
Circunscricións.
Circunscricións.
Condados.
Condados.
Concellos.
Concellos.

As rexións son oito divisións territoriais usadas principalmente para fins estatísticos, aínda que tamén seguen esta división as xurisdicións dos tribunais de distrito e o sistema de código postal, este último con algunhas excepcións. Até o ano 2003 tamén representaban circunscricións electorais para o Alþingi, cando foron modificadas ás actuais seis: Reiquiavik norte, Reiquiavik sur, Nordés, Noroeste, Sur e Sudoeste. O cambio fíxose para harmonizar o peso de cada distrito, xa que anteriormente, un voto emitido nalgunha das áreas escasamente poboadas de Islandia, influía máis que un voto da cidade de Reiquiavik. Aínda que este problema reduciuse co novo sistema, aínda existe.

[editar] Condados

[editar] Cidades independentes

En islandés kaupstaðir, en singular kaupstaður:

[editar] Economía

Artigo principal: Economía de Islandia.
Xeración de enerxía xeotérmica en Islandia, enerxía que se manifesta por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, geyseres e fontes termais.

A economía tipo escandinava de Islandia é basicamente capitalista, mais cunha ampla asistencia social, baixo desemprego e unha extraordinaria equidade na distribución de ingresos. Na ausencia de recursos naturais (excepto pola abundante enerxía hidrotérmica e xeotérmica), a economía depende principalmente da industria pesqueira, que dá lugar ao 70% das ganancias por exportacións e emprega ao 12% da forza laboral.

A economía non só é moi sensible ás diminucións na cantidade de peces senón tamén ás baixas nos prezos mundiais dos seus principais produtos de exportación: o peixe e os produtos relacionados coa enerxía: aluminio e ferrosilicio. O goberno de centro-dereita ten plans de continuar coa súa política de reducir o orzamento e o déficit por conta corrente, ao limitar os préstamos estranxeiros, conter a inflación, revisar as políticas de pesca e agricultura, diversificar a economía e privatizar as industrias estatais.

A economía islandesa estívose diversificando durante os últimos anos nas industrias manufactureiras e de servizos. Novos desenvolvementos na produción de software, biotecnoloxía, e servizos financeiros tamén están a crecer. O sector turístico tamén se está expandindo coas recentes tendencias en ecoturismo e observación de baleas. O crecemento foi bastante estable durante o período 1996-2001 cun crecemento que roldou do 3% a 5% anual. En 2002, con todo, houbo un declive nun ambiente de recesión xeneralizado. En 2003 o crecemento volveu a repuntar e a inflación caeu do 5% ao 2%.

[editar] Crise económica de 2008/2011

Manifestación de protesta por mor da crise económica en Austurvöllur o 15 de novembro de 2008.

A crise económica de 2008 foi a maior do país, incluíndo o colapso da moeda nacional, que perdeu un 50% do seu valor fronte ao euro entre xaneiro e outubro de 2008. O 8 de outubro de 2008, o Banco Central de Islandia abandonou a súa tentativa de manter unha taxa de cambio fixa en 131 coroas por euro e o 9 de outubro, a coroa islandesa cotizábase en 340 por euro.

Ademais da moeda sucederon problemas cos principais bancos do país e houbo amplas dificultades no refinanciamento da débeda. A finais de setembro de 2008, anunciouse que o banco Glitnir sería nacionalizado, unha semana despois o control do Landsbanki e Glitnir foron cedidos á Autoridade Supervisora Financeira de Islandia. Esa mesma organización tomou o control do Kaupthing. O 20 de novembro de 2008 o consello de administración do Fondo Monetario Internacional aprobou un préstamo de 2.100 millóns de dólares a Islandia.[9]

Unha das causas desta crise é debido a que o país, ao ser unha illa moi afastada de Europa, tiña un sistema financeiro e económico máis ou menos equilibrado, e o efecto da globalización contribuíu a facilitar tanto unhas fortes entradas de diñeiro externo, como moitas facilidades aos bancos islandeses a financiarse no exterior. Este efecto, xunto ao exceso de ambición dos tres bancos privados islandeses e dalgúns novos empresarios, leváronlles a endebedarse e investir parte deste diñeiro na propia Islandia provocando fortes alzas na bolsa e o mercado inmobiliario.[10] Así, en xaneiro, o Partido Conservador viuse obrigado de deixar o poder despois de 18 anos.

A insistencia por parte do novo governo socialdemócrata en asumir as débedas dos bancos nacionalizados polo erario público, presionado polo FMI, Holanda e Gran Bretaña, provocou unha nova vaga de protestas que forzou ao governo a convocar un referendo sobre o asunto. Os resultados do plebiscito foron tallantes: o 93% dos votantes rexeitaron facerse cargo das débedas bancarias. A consecuencia inmediata foi unha crise política de grandes dimensións que desembocou na creación dunha comisión de cidadáns de a pé encargados de redactaren unha nova Constitución[11].

[editar] Transporte

Mapa da Hringvegur, a estrada de circunvalación.

As principais comunicacións en Islandia son por estrada. A Estrada nº1 ou de circunvalación, coñecida en lingua islandesa como Hringvegur, enlaza coas cidades máis habitadas rodeando ao completo a illa e as estradas secundarias conectan con cidades menos importantes e aldeas, así pois hai en total 13.028 quilómetros de vías, 4.343 delas pavimentados e 8.685 sen pavimentar. De entre elas a primeira é a estrada de circunvalación, chamada Hringvegur (en castelán: estrada de circunvalación).

A navegación ao longo da illa está reservada ao transporte de mercadorías, aínda que este medio de transporte tende a ser suplantado polo transporte en camións. Voos con liñas regulares conectan o Aeroporto de Reiquivik co resto de cidades importantes do país, e hai que destacar que hai ausencia de vías férreas. A pesar do seu isolacionismo xeográfico, a compañía aérea de baixos prezos Icelandair ten operativos voos dende o aeroporto Internacional de Keflavík e o de Reykjavík a América do Norte e cidades Europeas como Londres e Copenhaguen, o outro aeroporto da illa é de Akureyri. Tamén está comunicada co resto de Europa a través de ferrys regulares, destacando os portos para o transporte mariño de Akureyri, Hornafjörður, Ísafjörður, Keflavík, Raufarhöfn, Reiquiavik, Seyðisfjörður, Straumsvík, Vestmannaeyjar.

[editar] Demografía

Artigo principal: Demografía de Islandia.
Véxase tamén: Lingua islandesa.

Ao 1 de decembro do ano 2008, Islandia ten unha poboación de 319.756 habitantes. A esperanza de vida é de 81,5 anos (a cuarta máis alta do mundo). O 99.9% da poboación está alfabetizada e a media de fillos por muller é de 1.91. A natureza illada de Islandia supuxo unha taxa de inmigración e unha diversidade xenética moi limitadas ao longo de centos de anos. A similitude xenética dos islandeses é, hoxe en día, motivo de estudo.

Os islandeses falan islandés, unha lingua xermanica pertencente ao subgrupo de linguas escandinavas, e, na súa gran maioría, son luteranos. A composición étnica actual é a seguinte[12]

A minoría étnica máis grande é a minoría polaca, que conta máis de 8.000 habitantes, incluso algunhas páxinas web islandesas inclúen tamén unha versión polaca.[13]

[editar] Cultura

Vestimentas tradicionais.

As mostras máis antigas que se coñecen son tallas en madeira que representan motivos das lendas viquingas, esculturas de temas cristiáns e algúns manuscritos miniados. Entre os séculos XVI e XVIII cobrou gran importancia a arte popular, que se enriqueceu coa elaboración de pezas de ourivaría, a confección de teas e a realización de gravados. No século XIX experimentouse un renacer artístico coa penetración das correntes vindas de Europa. Houbo un desenvolvemento da pintura de paisaxe, representada por Ásgrímur Jónsson (1876-1958) e Jóhannes Kjarval (1885-1972), e da escultura, con Ásmundur Sveinsson e Einar Jónsson, o artista máis significativo e xenial da historia moderna de Islandia.

No século XX introducíronse as correntes do arte abstracta, o surrealismo, etc. Una das figuras máis importantes da arte islandés contemporáneo é Erró, quen produciu unha obra caracterizada por unha figuración de ton crítico. En canto á música os islandeses máis internacionais son Björk e o grupo Sigur Rós.

[editar] Gastronomía

A gastronomía de Islandia é unha cociña que conta con dúas vertentes principais, por unha banda a adoración polo peixe e doutra banda o gusto polas carnes (especialmente o cordeiro). Gran parte dos métodos de cociña son tradicionais, pero pode notarse unha influencia da cociña norueguesa nalgúns dos pratos. Un dos pratos máis populares é o Þorramatur.

[editar] Educación

Björk, cantante, compositora e actriz, quizais unha das islandesas máis coñecidas a nivel mundial.
Ólafur Stefánsson coa selección de balonmán islandesa.

O sistema educativo islandés é un dos máis reputados do mundo, grazas á súa cobertura e alto nivel de formación. Case o 100% da poboación esta alfabetizada. A formación educacional foi xeneralizada desde finais do século XVIII. En 1907 a asistencia a clase fíxose obrigatoria para todos os nenos dos 10 aos 14 anos; antes dos 10 eran instruídos nos seus fogares. En 1946 a educación obrigatoria estendeuse de 6 até os 15 anos. En 1993 existían 205 escolas de ciclo completo ademais de 36 colexios secundarios e 12 establecementos para educación terciaria.

Aqueles que desexen continuar a súa educación poden asistir tamén a colexio especializados ou escolas de linguas. A educación académica propiamente dita non comezou até 1847 coa formación do seminario Teolóxico, seguido en 1876 pola Facultade de Medicina e en 1908 pola Facultade de Dereito. Estas tres institucións fusionáronse en 1911 cando a Universidade de Islandia se estableceu no Centenario do nacemento de Jón Sigurdsson, e unha cuarta facultade, a de Filosofía foi agregada, fundamentalmente relacionada con filoloxía, historia e literatura.

Á facultade de Medicina agregáronse os departamentos de cirurxía dental e farmacia en 1941 e 1957 respectivamente. Economía, con énfase en administración de empresas, foi agregada á Facultade de Dereito en 1941, mais é agora unha facultade independente. No mesmo ano foi inaugurada a Facultade de Enxeñaría e Ciencias a cal agora confire o grao B.S. (Bacharel en Ciencias) en enxeñaría, matemáticas e ciencias naturais. Dentro da Facultade de Filosofía é posible obter o grao B.A. en materias tales como inglés, francés, alemán, latín, grego, todas as linguas nórdicas, física, matemáticas, química, etc.

Toda a educación en Islandia é gratuíta. Varios centros de investigación e institucións experimentais traballan en cooperación coa Universidade. A Biblioteca Universitaria é a segunda en importancia do país, despois da Biblioteca Nacional. En 1967 foi fundado o Instituto do Manuscrito despois dun acordo alcanzado entre as autoridades danesa e islandesas asegurando o retorno dun gran número de preciosos manuscritos islandeses, preservados en Copenhaguen desde o século XVIII e comezos do XVIII. A colección inclúe a maioría dos manuscritos existentes da antiga literatura islandesa.

[editar] Deportes

O balonmán é un dos deportes máis destacados, deporte no que a selección nacional conseguiu a medalla de prata, único metal obtido nos Xogos Olímpicos de Beijing en 2008, e que supuxo o cuarto en toda a historia do país logo da prata de Vilhjálmur Einarsson en 1956 e os bronces de Bjarni Friðriksson (1984) e Vala Flosadóttir (2000).

Algúns dos deportistas máis destacados na historia de Islandia foron Jón Páll Sigmarsson e Magnús Ver Magnússon, gañadores da competición do home máis forte do mundo catro veces entre cada un, o xogador de fútbol Eidur Gudjohnsen ou os xogadores de balonmán Alexander Petersson, nacionalizado letón, e Ólafur Stefánsson. Con todo, o deportista islandés máis coñecido mundialmente, aínda que de orixe estadounidense, sexa o famoso xadrecista Bobby Fischer.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas