Ise Monogatari
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Contos de Ise (伊勢物語 Ise monogatari?) é unha obra de literatura xaponesa do século X (período Heian). A obra consta de 125 capítulos en prosa que enmarcan unha serie de poemas.
A obra apareceu arredor do ano 950 co nome de Diario do coronel Zaigo, unha forma críptica de referise a unha personaxe célebre na corte. Axiña foi interpretada como unha biografía de Ariwara no Narihira (在原業平 Ariwara da familia dos Narihira?) (825-880), a quen pertencían algúns dos poemas incluídos no texto.
Índice |
Contido [editar]
O texto describe as aventuras amorosas de Narihira e a súa historia de amor coa nobre Takako. Este encontro da lugar a o que é considerado un dos mellores poemas da literatura xaponesa:
月やあらぬ
春やむかしの
春ならぬ
我が身ひとつは
もとの身にして
tsuki ya aranu
haru ya mukashi no
haru naranu
waga mi hitotsu wa
moto no mi ni shite
Algo así como[1]:
O poeta di isto no mesmo lugar no que o ano anterior estaba coa súa amada e hoxe visita só.
Crítica [editar]
O autor dos estudos canónicos sobre esta obra é o erudito xaponés Kikan Ikeda. A obra foi traducida ao alemán en 1876 por August Pfizmaier, ao inglés en 1957 por Fritz Vos e ao francés en 1934 por Georges Bonneu.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Cantares de Ise (Ise Monogatari); Ediciones Hiperion 2005 (en castelán).