Isabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sabela, Isabel ou Elisabete é un antropónimo feminino de orixe grega resultante da tradución do hebraico Elisheva (אֱלִישֶׁבַע), que significa 'Deus é o meu xuramento'. Entre outras versións abreviadas dese nome inclúense: Elisa, Isabela, Bete, Zabete, Zabel e Lisa.

Relixión[editar | editar a fonte]

Sabela, segundo o Novo Testamento, era a nai de Xoán Bautista. Segundo o Evanxeo de Lucas Sabela descendía de Aharón o sacerdote (Lucas 1:5). Ela e o seu marido Zacarías eran xustos ante Deus, pois gardaban os seus mandamentos, pero non tiñan fillos. O arcanxo Gabriel visitou a Zacarías para lle anunciar que a súa muller tería un fillo que sería grande ante o señor.

Cando Sabela estaba preñada recibiu a visita de María, a súa curmá, que tamén estaba embarazada de Xesús. Ó ouvi-lo saúdo de María o neno que Sabela tiña no ventre brincou e esta, chea do Espírito Santo, exclamou: "Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre" (Lucas 1:42) (palabras que se recolleron posteriormente no Ave María)

Sabela é santa nas tradicións católica, ortodoxa e anglicana. A Igrexa Católica celébraa o 5 de novembro.

O nome na cultura galega[editar | editar a fonte]

"Sabela" é o título dun dos relatos da obra de Castelao Retrincos.

Variantes[editar | editar a fonte]

Nome completo[editar | editar a fonte]

Formas reducidas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]