Isaac Torres Campos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsaac Torres Campos
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Isaac Torres Campos foi un industrial, banqueiro e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do banqueiro de Cuntis Manuel Torres Rey. Foi redactor xefe de El Eco de Cuntis en 1932 e colaborou en La Voz de Galicia;[1] tamén publicou algún poema nas revistas madrileñas Mundo Gráfico e Gutiérrez. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe local de FET y de las JONS, cesando no cargo en marzo de 1937 por incorporarse ao exército.[2] Foi un dos propietarios do Cine Victoria de Cuntis e propietario da Granja Avícola Torres; en 1950 foi nomeado director da oficina do Banco de La Coruña en Cuntis. En 1958 foi elixido presidente do Liceo Casino de Caldas de Reis.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 17-11-1932, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 24-3-1937, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 9-1-1958, p. 9.