Isaac Prado Villapol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsaac Prado Villapol
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Ferreira, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xullo de 2015 Editar o valor em Wikidata (82/83 anos)
Alcalde do Vicedo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Isaac Prado Villapol, nado en Ferreira do Valadouro en 1932 e finado o 2 de xullo de 2015[1], foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou ao Vicedo como médico a finais dos anos sesenta. Foi nomeado alcalde nos últimos anos do franquismo. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas por UCD sendo elixido alcalde e mantívose no cargo ata 2001. En 1983 púxolle o seu nome a unha rúa: "Doctor Prado Villapol". En 1999 o PPdeG decidiu prescindir de Prado Villapol para as eleccións municipais ante as irregularidades que presentaba a súa xestión. Ante a negativa dos populares, presentou unha candidatura independente que acadou a maioría absoluta, Independendientes por O Vicedo (IPV, coincidindo coas súas propias iniciais).

En abril de 2000 foi condenado a cinco anos e tres meses de cadea por delitos continuados de prevaricación, malversación e falsidade continuada e presentou a súa dimisión en xaneiro de 2001. Ingresou en prisión en 2001, condenado a dous anos e seis meses por un delito de atentado contra a autoridade, logo de ameazar de morte ao fiscal xefe da Audiencia Provincial de Lugo, Jesús García Calderón.

En novembro de 2004 a Audiencia obrigouno a devolver ao Concello o que cobrou pola venda dunha parcela destinada á construción do cuartel da Garda Civil e pola casa do médico.


Predecesor:
?
 
Alcalde do Vicedo
 
1975 - 2001
Sucesor:
José Jesús Novo Martínez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]