Isa, Nixeria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isa é unha poboación e Área de Goberno Local do Estado Sokoto de Nixeria. Limita con Shinkafi, do Estado Zamfara, Sabon Birni, de Sokoto, e coa República do Níxer polo leste.
Ten unha área de 2.158 km² e unha poboación de 146.103 habitantes segundo o censo de 2006.
Historicamente, a área era parte do antigo reino de Gobir e está habitado polos grupos étnicos gobirawa e fulani.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |