Isóbara
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa física que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Unha isóbara é unha isógrama de presión, é dicir, unha liña de igual ou constante presión nun gráfico, trazado ou mapa. As isóbaras nun mapa refírense xeralmente a liñas que unen os puntos de igual presión atmosférica, polo que constitúe un termo meteorolóxico.
Utilizado como adxectivo (sinónimo de isobárico), refírese a un proceso termodinámico a presión constante. Neste caso, úsase como termo da física.