Irmandade Galeguista do Uruguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irmandade Galeguista do Uruguai
Tipoorganización
Data de fundaciónmaio de 1934
SedeMontevideo
PaísUruguai
editar datos en Wikidata ]
Primeira portada do xornal O Irmandiño.

No número de decembro de 1934 da revista O Irmandiño, a propia Irmandade definiuse a si mesma como unha entidade que non se adicaba en exclusive á política, senón que os seus principais obxectivos consistían en dar a coñecer grandes personalidades galegas que, debido ao réxime, morreron ou “vivían na escuridade” para así defender o idioma.

A Irmandade Galeguista do Uruguai fai un chamamento a todos os galegos e galegas do mundo, para tomar conciencia da situación da comunidade galega, ademais de facer fincapé na igualdade entre homes e mulleres, todos eles necesarios para a causa. Para apoiar este fin, en palabras de Antón Vilar Ponte, ínstase a mercar libros escritos no idioma galego, para continuar o legado da Editorial Nós, potenciando a literatura galega en Galicia e no resto do mundo.

A asociación acordou finalizar as súas funcións cando estalou a Guerra civil española, para apoiar todo o posíbel ao bando da República.

Fundación[editar | editar a fonte]

A Irmandade Galeguista do Uruguai fundouse no Café Brasileiro en maio de 1934, en Montevideo. A súa primeira aparición foi no xornal El Plata (diario uruguayo) o cal chamaba á afiliación. Na primeira reunión estaban Manuel Meilán, Pedro Fernández Veiga, Antón Crestar, Manuel Leiras, Camilo Bóveda Amor e Xaquín Bello. A súa sede situouse nunha leitería na rúa Pedras 411, propiedade de Antón Crestar.

Ao principio a súa labor centrouse basicamente na defensa da autonomía a través do seu xornal O Irmandiño, cuxo primeiro número saíu en outubro de 1934. O seus obxectivos eran a defensa da autonomía e o autogoberno ademais da concienciación da lingua, cultura e identidade como pobo galego.

Integrantes[editar | editar a fonte]

Manuel Meilán en Montevideo en 1940.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Celebracións e homenaxes[editar | editar a fonte]

En 1934 organizouse no Día de Galiza un programa na radio internacional, presentado por María Dopico de Vázquez Anido.

O 22 de decembro de 1934 a asociación celebrou o Gran Festival Galego en homenaxe a Pardo de Cela, quen morreu pola liberdade dos galegos. O acto produciuse no Salón-Teatro do Centro Galego en San José e estaba dividido en dúas partes: a primeira parte comezaba co himno galego e finalizaba coa representación da comedia O zoqueiro de Vilaboa, escrita por Nan de Allariz e que se estreou neste acto, a segunda parte dividiuse nunha serie de cantos. Menciónase que ao defender a cultura galega o coherente é falar nesta lingua.

En 1935 o Día de Galiza celebrouse o 20 de xullo no Salón de Actos do Centro Galego. Comezou, como o do ano anterior, coa proclamación do himno galego e a continuación a conferencia titulada “En col da nosa Galiza”. Esta conferencia foi presentada por Rodolfo Prada, quen á súa vez foi presentado por Manuel Meilán (Secretario de Propaganda).

No transcurso dos anos 30, destaca a asemblea celebrada en 1936 en Santiago de Compostela, na que se aprobou o ingreso do Partido Galeguista no Fronte Popular con ilustres candidatos coma Antón Villar Ponte, Castelao e Ramón Suárez Picallo entre os máis destacados.

En 1940, dada a morte de Lluís Companys, dedícaselle un apartado da revista lembrándoo como alguén admirable e agradecéndolle o apoio nos momentos nos que os galegos tiveron que fuxir das súas propias casas e Cataluña os acolleu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]