Irish Baroque Orchestra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Irish Baroque Orchestra (en galego Orquestra Barroca Irlandesa) é unha orquestra adicada á música antiga que emprega instrumentos de época, sendo amais a única orquestra profesional destas características na República de Irlanda. Foi fundada en 1996 polo organista neozelandés Mark Duley e Thérèse Timoney. Actualmente o seu director artístico é Monica Huggett.[1]

A orquestra presenta catro concertos por tempada con varias interpretacións de cada programa. Cada tempada inclúe unha semada de formación, en colaboración co Conservatory of Musica and Drama do Dublin Institute of Technology. O seu repertorio céntrase na música dos séculos XVII e SVIII.[2]

As súas interpretacións esténdense por toda a xeografía irlandesa, sendo orquestra residente do Ardee Baroque Festival cada mes de Novembro en Ardee, Condado de Louth. No 2009, a orquestra participou no Dublin Handel Festival.[3]

Está patrocinada pola RTÉ lyric fm e o Arts Council of Ireland.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]