Irakleia - Ηρακλειά
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Irakleia - Ηρακλειά | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Panagia |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 151 hab. |
| Superficie | 17´795 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 36°50′N 25°27′E / 36.833°N 25.45°E |
| Maior Altura | 419 m. |
| Localización | |
Irakleia (grego: Ηρακλειά) é unha illa e comunidade que pertence ás Cícladas en Grecia . A súa poboación era oficialmente 151 habitantes no censo de 2001, e a súa superficie 17´795 km². É unha illa pequena pero fermosa entre as illas de Naxos e Ios. Nas proximidades das illas de Schoinoussa, Koufonisi, Donoussa, e Keros, xuntas forman as Cícladas Pequenas. O porto chámase Agios Georgios, mentres que a "capital" (chora) na parte superior da illa chámase Panagia (Madonna). As cavernas máis grandes das Cícladas atópanse en Irakleia. A Irakleia pódese chegar en grandes barcos desde Atenas, Naxos e Paros.