Iraq - العراق
| الجمهورية العراقية Al-Yumhūriyya al-‘Irāqiyya República de Iraq |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Iraq é un país de Oriente Medio, limitado ó nordés por Irán, ó noroeste por Turquía, ó oeste por Siria, ó suroeste por Xordania, ó sur por Arabia e ó leste por Kuwait e mailo Golfo Pérsico.
Índice |
Historia [editar]
O territorio onde se atopa actualmente Iraq coincide aproximadamente coa antiga Mesopotamia. No -539, Ciro II o Grande, rei de Persia conseguiu o control da rexión que permaneceu baixo o mandato persa ata a súa conquista por Alexandre Magno no ano -331. Trala morte de Alexandro, a dinastía Seléucida de orixe grega reinou en Mesopotamia durante 200 anos.
Seguiu un longo período baixo as novas dinastías persas (Arsácidas e Sasánidas) ata que os árabes musulmáns invadiron a rexión no ano 700. Bagdad foi a capital dos califas Abasís. Despois do saqueo de Bagdad polos mongois en 1258, turcos e iranianos disputáronse a supremacía na rexión, ata que finalmente o Imperio Otomán tomou o control no século XVII.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
En outubro de 2002 un referendo ratificou a permanencia do ditador Saddam Hussein á fronte do estado durante 7 anos máis. Durante ese ano o presidente estadounidense George W. Bush insistía en que Iraq posuía armas de destrución masiva, e que debía destruílas tal e como estaba acordado nas diversas resolucións da ONU acordadas despois da Guerra do Golfo de 1991. Iraq aceptou cumprir unha nova resolución da ONU que acordaba o envío de inspectores da ONU a Iraq para verificar o armamento que tiña. A comezos de 2003 os EUA tornaron a acusar ó réxime de Saddam de estar incumprindo a nova resolución e de estar ocultando armas químicas e biolóxicas ós inspectores.
Estados Unidos foi acumulando forzas militares nos arredores de Iraq, e o 19 de marzo de 2003 apoiado por diversos países comezou outra guerra do golfo que durou sobre unhas dúas semanas.
Hoxe en día, o país vive nunha inseguridade permanente por mor dos ataques dos insurxentes. As vítimas militares estadounidenses superan as 2.000 e as vítimas civís iraquís poden superar o 30 mil.
Tralas eleccións lexislativas de 2005, Jalal Talabani (kurdo) é elixido Presidente, estará acompañado por dous vicepresidentes, un xiíta e outro sunnita.
Xeografía [editar]
Provincias de Iraq [editar]
Ten unha superficie de 437.073 km², aproximadamente o tamaño de California. A capital é Bagdad, de 3,8 millóns de habitantes (1986). Outras cidades importantes son Basora, Mosul, Kirkuk, As-Sulaymānīya ou Irbil.
Iraq está dividido en 18 provincias (muhafazat, singular: muhafazah):
Mapas e imaxes [editar]
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Iraq.
Notas [editar]
|
||||||||