Ira H. Abbott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ira H. Abbott
Nome completoIra Herbert Abbott
Nacemento18 de xullo de 1906
Lugar de nacementoEstados Unidos de América
Falecemento3 de novembro de 1988
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Ocupaciónenxeñeira aeroespacial e enxeñeiro
editar datos en Wikidata ]
O director Henry Reid (no centro) do Centro Langley, o anterior investigador do Centro Langley e próximo xefe da nova Oficina de Programas de Investigación Avanzada (OARP) da NASA, Ira H. Abbot (dereita) e un invitado non identificado, observan a cápsula situada na parte superior dun modelo do foguete Atlas.

Ira Herbert Abbott, nado o 18 de xullo de 1906 e finado o 3 de novembro de 1988, foi un enxeñeiro estadounidense supervisor de diferentes programas aeroespaciais da NASA e do exército.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ira H. Abbott comezou a traballar para o Laboratorio Langley de Aeronáutica en 1929, tras graduarse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). Foi autor de varios informes técnicos sobre aerodinámica e foi clave no establecemento de programas de investigación da alta velocidade, sendo nomeado xefe asistente de investigación no centro Langley en 1945. Foi transferido ás oficinas da NACA en 1948 como director asistente de investigación en aerodinámica e promovido a director de programas de investigación avanzados da NASA en 1959 e ao de director en investigación avanzada e tecnoloxía en 1961. Como tal, supervisou o programa do X-15, o de transporte supersónico, o de foguetes nucleares e os programas avanzados de reentrada atmosférica.[1]

Retirouse en 1962.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "Abbott" (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2012.