Irán - ایران
A República Islámica de Irán é un país do Oriente Medio,que limita ao norte coa Armenia, o enclave azerbaixaní de Nakhichevan, o Acerbaixán, o Mar Caspio, e o Turkmenistán, a leste co Afganistán e Paquistán, a sur co Golfo de Omán (a través do cal se achega a Omán), a sur e oeste co Golfo Pérsico (a través do cal ten ligazón aos Emiratos Árabes Unidos, ao Qatar, ao Bahrein, á Arabia Saudita e ao Kuwait) e a oeste co Iraq e a Turquía.
A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo). Ata 1935 o nome oficial do país foi Persia.
Índice |
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia do Irán.
Política [editar]
- Artigo principal: Política do Irán.
Subdivisións [editar]
- Artigo principal: Provincias do Irán.
Irán está dividido en 30 provincias (ostan-haa, singular - ostan). Estas provincias son gobernadas desde a maior cidade de cada unha. A autoridade provincial está nas mans dun gobernador(استاندار: ostāndār, en farsi ou persa), escollido polo Ministerio do Interior do Irán, e suxeito a aprobación do goberno.
Xeografía [editar]
- Artigo principal: Xeografía do Irán.
A paisaxe iraniana está dominada por cordilleiras que separan varias concas e mesetas unhas doutras. A poboada parte occidental é a máis montañosa, con cordilleiras coma os Montes Zagros e as Montañas Elburz, formando esta o punto máis alto do país no Damavand a 5.610 m. A metade oriental do país consiste basicamente nun deserto deshabitado formado por concas con ocasionais lagos de sal.
As únicas chairas atópanse ao longo da costa do mar Caspio e no golfo Pérsico xunto á fronteira con Iraq en Arvandrud (Shatt a o-Arab). Tamén outras chairas menos extensas atópanse ao longo da costa do Golfo, no Estreito de Ormuz e no Mar de Omán.
O clima é árido ou semiárido, excepto na costa do mar Caspio onde domina un clima subtropical.
As principais cidades de Irán son Teherán, Isfahán, Mashhad, Tabriz, Shiraz e Urmia.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía do Irán.
A economía iraniana é unha mestura de economía planificada, sendo o estado propietario dos abundantes recursos petrolíferos do país (o golfo Pérsico contén os dous terzos das reservas mundiais de petróleo livián); mentres a maior parte da poboación vive dun sector primario autosuficiente. O sector servizos e comercial está representado por empresas privadas de pequeno tamaño. O actual goberno continuou coa política do anterior en canto a reformas para impulsar unha maior diversificación da economía nacional e así non depender tanto dos vaivéns do prezo do petróleo no mercado internacional.
Demografía [editar]
- Artigo principal: Demografía do Irán.
Cultura [editar]
- Artigo principal: Cultura do Irán.
Galería de imaxes [editar]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
|
||||||||