Iparretarrak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iparretarrak (IK)
IPARRETARRAK.jpg
Logo de IK. A lenda quere dicir O pobo debe vivir!
Organización armada de Iparralde
Líderes Filipe Bidart
Creación 1972
Área de operacións Francia
Ideoloxía Nacionalismo vasco
Socialismo
Vencellado a Euskadi Ta Askatasuna
Publicación Ildo[1]
Status Inactiva
Última acción no 2000
Foi declarada "organización ilegal" por Valery Giscard d’Estaing en 1978

Iparretarrak é unha organización abertzale que loita pola autodeterminación do País Vasco francés.

Iparretarrak significa "os do norte" en éuscaro, aínda que tamén se emprega como acrónimo da expresión Iparraldeko Abertzaleak, "Patriotas de Iparralde", abreviándose nas siglas IK.

Realizou a súa presentación como organización no mercado de ganado Urepele no ano 1972 e cometeu a súa primeira acción armada o once de decembro do ano seguinte. En 1974 comezou a publicar a revista Ildo (camiño). A organización foi declarada ilegal polas autoridades francesas en 1978.

Iparretarrak adquiriu notoriedade especialmente durante o xuízo a Jean Claude Marguirault, Xan en 1980. Nese mesmo ano dous terroristas da organización morreron ó explotarlles unha bomba que pretendían colocar baixo o coche da muller do subprefecto do departamento.

En 1982 - o seu ano de maior actividade con 34 atentados- asasinaron a un policía CRS, os seus atentados teñen consistido xeralmente en ataques con bomba contra instalacións turísticas, intereses de empresas inmobiliarias e dependencias da administración francesa. O seu ámbito de actuación é o País Vasco francés.

En visperas da visita do presidente francés Françoise Miterrand a Lapurdi en 1984 atentan contra o aeroporto de Biarritz, emitindo un comunicado no que acusaban a dito dirixente de non respectar a cultura e os dereitos nacionais do pobo vasco.

O seu fundador e máximo dirixente, o ex-seminarista Filipe Bidart, foi arrestado pola policía francesa en Boucau o 20 de febreiro de 1988, sendo condenado algúns anos despois pola sala XVI do Tribunal Correccional de París a dúas cadeas perpetuas polo asasinato de tres membros da policía francesa (dous axentes antidisturbios e un xendarme).

Se ben pretenden a independencia de País Vasco, en 1993 apoiaron o borrador a favor dun departamento vasco como primeiro paso dentro da estrutura estatal francesa como instrumento de promoción do éuscaro e a cultura vasca.

En 1998, trala firma dos acordos de Lizarra declararon unha tregua para non entorpecer o proceso.

Relacións con ETA[editar | editar a fonte]

Aínda que houbo algún intento de fusionarse con ETA, finalmente non terminou xa que moitos dos seus membros vían a ETA con receo por pretender a súa absorción. Acusábase a ETA de ter unha actitude preponderante.

Tamén influíu en que non se unisen o feito de que daquela aínda existía o "santuario francés" para ETA, cousa que remataría de colaborar con IK.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Auñamendi