Ip Man (filme)
| Ip Man | |
|---|---|
| Título orixinal | Ip Man 葉問 |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Wilson Yip |
| Produtor | Raymond Wong |
| Guión | Edmond Wong |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Donnie Yen Lynn Hung Simon Yam Gordon Lam Ka-tung Fan Siu-wong Xing Yu Chen Zhihui Hiroyuki Ikeuchi |
| Música | Kenji Kawai |
| Fotografía | O Sing-Pui |
| Montaxe | Cheung Ka-fai |
| Estudio | |
| Distribuidor | Mandarin Films |
| Ano | 2008 |
| Duración | 108 minutos |
| País | |
| Xénero | Acción, Drama |
| Orzamento | $11.715.578[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | Ip Man 2 |
| Ficha en IMDb | |
Ip Man (na escrita tradicional 葉問, simplificada 叶问, en Pinyin Yè Wèn) é un filme producido en Hong Kong e dirixido por Wilson Yip que foi estreado no 2008. É un filme biográfico de artes marciais vagamente baseado na vida de Yip Man, un gran mestre do Wing Chun e mentor de Bruce Lee. A historia céntrase nos eventos da Yip que supostamente tiveron lugar na cidade de Foshan durante a Segunda guerra sino-xaponesa. Está protagonizado por Donnie Yen, que interpreta a Yip Man, e as coreografías dos combates son obra de Sammo Hung.
Índice |
Argumento [editar]
No Foshan dos anos trinta, Yip Man é un respectado mestre de Wing Chun que combina o estudo das artes marciais cos combates ocasionais ós que se ve forzado por parte dos seus admiradores. Son tempos de prosperidade ós que a guerra con Xapón ameaza con poñer fin. Coa ocupación xaponesa de China, Yip Man verase obrigado a defender a honra do seu pobo.
Personaxes [editar]
- Donnie Yen como Yip Man
- Lynn Hung como Cheung Wing-sing
- Simon Yam como Chow Ching-chuen
- Gordon Lam como Li Zhao
- Fan Siu-wong como Jin Shanzhao
- Xing Yu como Mestre Lin Zealot
- Chen Zhihui como Mestre Liu
- Hiroyuki Ikeuchi como Miura
- Shibuya Tenma como Satō
- Li Ze como Ip Chun
- To Yu-hang como Hu Wei
- Li Qilong como Mestre Lee
- Zhou Zhong como Mestre Ho
Notas [editar]
- ↑ "Ip Man (2008) Movie". movies.shut.net. http://movies.shut.net/ip-man-2008. Consultado o 21 de setembro de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)