Iotización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Iotizada")

A Iotización é unha forma de palatalización que se dá nas linguas eslavas. Ocorre ao mesturar unha consoante coa aproximante palatal /j/, que no alfabeto grego se representa cun iota (ι). Por exemplo, en inglés ni dentro da palabra onion ou o ñ galego teñen o son do n iotificado. En serbio, por exemplo, a iotización emprégase para expresar o plural dalgunhas palabras: /kamen/ (pedra) fronte a /kamenje/ (pedras)