Ion Creangă

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ion Creangă

Ion Creangă, nado o 1 de marzo de 1837 en Humuleşti e finado o 31 de decembro de 1889 en Iaşi, foi un escritor romanés.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Creangă naceu nas faldras dos Cárpatos orientais, no norte do Principado de Moldavia, era o primeiro de oito irmáns dunha familia campesina. Comezou a súa educación na súa localidade natal co crego local, estudou brevemente en Broşteni antes de volver a casa e matricularse na escola da veciña Târgu Neamţ. Despois dun ano no seminario de Fălticeni, Creangă marchou a Iaşi, a capital moldava, onde continuou a súa preparación para o sacerdocio no seminario teolóxico do mosteiro de Socola.

Diácono e profesor[editar | editar a fonte]

Creangă converteuse en diácono tras completar os seus estudos en Socola en 1858 e casar coa filla dun sacerdote en Iaşi. Continuou a súa educación en 1864, estudando maxisterio nunha escola preparatoria onde contou con Titu Maiorescu como profesor. Deu clases como profesor substituto e colaborou na escrita de libros de textos para primaria. En conflito cos seus superiores foi suspendido como diácono e como profesor, para o seu sustento abriu unha tenda de tabaco.

Últimos anos e carreira literaria[editar | editar a fonte]

Tumba de Creangă en Iaşi

Coa axuda de Maiorescu, Creangă conseguiu a rehabilitación en 1874. Ó ano seguinte coñeceu a Mihai Eminescu, un poeta novo que entón traballaba como inspector de escola. Eminescu instou a Creangă a recoller as historias que frecuentemente contaba oralmente e a entrar na sociedade literaria Junimea. Entre 1875 e 1883, debido a problemas de saúde, Creangă escribiu a totalidade dos seus libros. Amintiri din copilărie, as súas memorias de infancia está considerada a súa obra mestra, outras historias famosas son Moş Ion Roată şi Unirea, Dănilă Prepeleac, Povestea porcului, Fata babei şi fata moşului e Ivan Turbincă. Retirouse do ensino en 1887 e morreu dous anos despois por un ataque de epilepsia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]