Guerra de Afganistán (1978-1992)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Invasión soviética de Afganistán»)
Guerra de Afganistán
Parte de Guerra civil afgá e a Guerra fría

Loitadores muxahidins na Provincia de Kunar en Afganistán, no ano 1987
Data 27 de abril de 1978 - 27 de abril de 1978 (14 anos)
Lugar Afganistán
Resultado Acordos de Xenebra de 1988
Casus belli Intervención soviética no territorio de Afganistán en apoio da facción encabezada polo líder do PDPA Karmal contra a liderada por Amin.
Belixerantes
Unión Soviética Unión Soviética

R.D. de Afganistán

Muxahidíns

Apoiados por
Paquistán

Estados Unidos de América Estados Unidos[2][3][4][5]

Reino Unido Reino Unido[4][6][7]

China

Arabia Saudita[3][4][9][10]

Líderes
Unión Soviética Leonid Brezhnev
Unión Soviética Yuri Andropov
Unión Soviética Konstantin Chernenko
Unión Soviética Mikhail Gorbachev
Unión Soviética Dmitriy Ustinov
Unión Soviética Sergei Sokolov
Unión Soviética Dmitriy Yazov
Unión Soviética Valentin Varennikov
Unión Soviética Igor Rodionov
Unión Soviética Boris Gromov
Babrak Karmal
Mohammad Najibullah
Abdul Rashid Dostum
Abdul Qadir Dagarwal
Shahnawaz Tanai
Mohammed Rafie
Ahmad Shah Massoud
Abdul Haq
Abdullah Azzam
Ismail Khan
Gulbuddin Hekmatyar
Jalaluddin Haqqani
Mullah Naqib
Abdul Rahim Wardak
Fazal Haq Mujahid
Burhanuddin Rabbani
Osama bin Laden
Xeneral Zia-ul-Haq
Akhtar Abdur Rahman
Forzas en combate
Forzas soviéticas:

Forzas afgás:

Muxahidíns:

200.000–250.000[13][14][15]

Baixas
Forzas soviéticas:

14.453 asasinados (en total)

  • 9.500 asasinados en combat[16]
  • 4.000 mortos por feridas[16]
  • 1.000 mortos por enfermidades ou accidentes[16]

53.753 feridos[16]

312 desaparecidos[17]

Forzas afgás:

18.000 asasinados[18]

Muxahidíns:

75.000–90.000 asasinados, +75.000 feridos (estimación)[19]

A guerra de Afganistán foi un conflito que se estendeu entre abril de 1978 e abril de 1992, e que constituíu a primeira etapa da guerra civil afgá. Considerado como parte da guerra fría, enfrontou ao goberno afgán apoiado polas forzas armadas soviéticas, contra os chamados muxahidins, grupos de insurxentes de varias nacionalidades, na súa maioría combatentes islamistas. Os insurxentes recibiron formación militar nas veciñas Paquistán e China,[8] ademais de millóns de dólares de Estados Unidos, Reino Unido, Arabia Saudita, e outros países.[2][3][4][8][22] Os máis de dez anos de guerra provocaron que moitos afgáns fuxiran do seu país, con destino principalmente a Paquistán e Irán. Ademais dos que morreron en combate, centos de miles de civís afgás foron asasinados.

Na orixe do conflito encóntrase o triunfo en 1978 da Revolución de Saur e a chegada ao poder dun goberno socialista liderado polo Partido Democrático Popular de Afganistán, que iniciou unha serie de profundas reformas de modernización do país e repartimento da terra. Estas reformas provocaron unha forte oposición nos sectores máis conservadores do país, así como no estamento relixioso e de poder, e comezaron a producirse rebelións armadas ao longo do territorio, apoiadas polos Estados Unidos coa chamada Operación Ciclón, que subministrou armas e un amplo financiamento aos rebeldes islámicos muxahidins.

En 1979 o goberno afgán pediu a intervención da Unión Soviética. Tras negarse nun principio a intervir, esta acabou por entrar no país despois do asasinato do líder da Revolución, Nur Muhammad Taraki, por parte de Hafizullah Amín. Así, o 24 de decembro de 1979 comezou o despregue do 40º Exército soviético en Afganistán, baixo o mando de Leonid Brezhnev.[23] Os soviéticos executaron ao ditador Amin e subiron ao poder a Babrak Karmal. Os combates contra os muxahidins alongáronse durante nove anos, ata que a intervención soviética no conflito rematou trala firma do Acordos de Xenebra entre a República Democrática de Afganistán e Paquistán. A retirada xeral das tropas comezou o 15 de maio de 1988, e concluíu o 15 de febreiro de 1989, baixo o mando do último presidente soviético, Mikhail Gorbachev. Con todo, os enfrontamentos entre as tropas gobernamentais e os muxahidins continuaron ata abril de 1992, ata a caída do goberno da República Democrática de Afganistán e a instauración do Estado Islámico de Afganistán.[24][25][26]

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Historia de Afganistán.

A República Democrática de Afganistán formouse trala Revolución de Saur, o 27 de abril de 1978. O goberno implantou políticas en beneficio dos pobres e dos agricultores e aplicou a axenda socialista. Mantivo importantes relacións diplomáticas coa Unión Soviética. O 5 de decembro de 1978, asinouse un tratado de amizade entre ambos países. O 3 de xullo de 1979, o presidente estadounidense Jimmy Carter asinou a primeira directiva para ofrecer axuda financeira de maneira encuberta aos opositores ao goberno prosoviético de Cabul.[27]

A intervención militar rusa en Afganistán remóntase ás expansións tsaristas coñecidas como "Gran Xogo", que mantiñan Rusia e Gran Bretaña. Esta comezou no século XIX, con acontecementos como o Incidente de Panjdeh, un enfrontamento militar que tivo lugar en 1885, cando o exército ruso se apoderou do territorio afgá ao sur do río Oxus, ao redor dun oasis en Panjdeh. Este interese na rexión continuou durante a era soviética, na que se destinaron millóns en axuda económica e militar a Afganistán entre os anos 1955 e 1978.[28]

En febreiro de 1979, a revolución islámica derrocou ao Sha do país contiguo de Irán, que estaba apoiado polos Estados Unidos. O embaixador dos Estados Unidos en Afganistán, Adolph Dubs, foi secuestrado por militantes dunha organización vinculada ao movemento de Países Non Aliñados, coñecida como Setami Milli, e posteriormente asasinado durante un asalto levado a cabo pola policía afgá, asistida por axentes soviéticos. Esta morte provocou un importante deterioración das relacións afgán-estadounidenses.[29]

Estados Unidos despregou vinte buques e dous portaavións no golfo Pérsico e no mar Arábigo, e producíronse unha serie de ameazas de guerra entre os Estados Unidos e Irán.[30]

En marzo de 1979 asinouse un tratado de paz, apoiado polos Estados Unidos, entre Israel e Exipto. A Unión Soviética considerou que os Estados Unidos sacou proveito deste tratado. Así, un xornal soviético afirmaba que Exipto e Israel se converteran nos "xendarmes do Pentágono". Os soviéticos crían que o tratado non era só un acordo de paz entre os seus antigos aliados exipcios e Israel, senón tamén unha alianza militar.[31] Ademais, Estados Unidos vendeu máis de 5.000 mísiles a Arabia Saudita e abasteceu aos rebeldes leais á coroa, contrarios ao goberno nasserista, na guerra civil do Iemen do Norte. Tamén empeoraron nesa mesma época as relacións entre a Unión Soviética e Iraq. En xuño de 1978, Iraq comezou a establecer relacións cordais con países occidentais, chegando a mercar a Francia armamento de fabricación italiana, aínda que a maioría o obtiña da Unión Soviética, os seus aliados do Pacto de Varsovia e a China.

Revolución de Saur[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Revolución de Saur.

O rei Mohamed Zahir ascendeu ó trono en 1933 e estivo reinando até 1973. O primo de Zahir, Mohammad Daoud Khan, exerceu como primeiro ministro dende 1954 até 1963. O Partido Democrático Popular de Afganistán (PDPA), de ideoloxía marxista, gañou forza nestes anos. En 1967, o PDPA dividiuse en dúas faccións, o Khalq (traducido por masas ou pobo), liderado por Nur Muhammad Taraki e Hafizullah Amin e o Parcham (traducido por estandarte), liderado por Babrak Karmal.

o 17 de xullo de 1973, o ex-Primeiro Ministro Daoud fíxose co poder mediante un golpe de estado, acusando ao goberno real de corrupción e de ser o causante das mala situación económica que atravesaba o país. Este golpe, supuxo a fin da monarquía e durante o seu goberno, Daoud gozou dunha boa reputación entre boa parte da poboación afgá, aínda que non entre os partidarios do PDPA.

A forte oposición das faccións do PDPA foi reprimida polo réxime de Daoud. A morte de Mir Akbar Khyber, un dos líderes do PDPA, en estrañas circunstancias desencadeou unha onda de protestas en Cabul contra o goberno de Daoud, nas que foron arrestados varios dos principais dirixentes do PDPA.[32][33]

O 27 de abril de 1978, o exército afgá, que simpatizaba co PDPA, derrocou a Daoud e executouno posteriormente xunto con algúns membros da súa familia.[34] Nur Muhammad Taraki, secretario xeral do PDPA, converteuse en presidente dun Consello Revolucionario, así como no Primeiro Ministro da República Democrática de Afganistán, que acababa de ser creada.

Faccións dentro do PDPA[editar | editar a fonte]

Trala revolución, Taraki asumiu a presidencia e os postos de primeiro ministro e de secretario xeral do PDPA. O goberno foi dividido segundo as faccións existentes, co President Taraki e viceprimeiro ministro Hafizullah Amin da facción Khalq fronte a líderes da facción Parcham tales coma Babrak Karmal e Mohammad Najibullah. Os conflitos no PDPA, deron lugar a situacións de exilio, purga e execución de membros do Parcham.[35]

Durante os primeiros dezaoito meses de goberno, o PDPA aplicou un programa de estilo soviético con reformas modernizadoras, moitas das cales foron vistas polos conservadores como contrarias aos principios do islam.[36] Algúns dos decretos, que establecían cambios nas políticas matrimoniais e reformas agrarias, non foron ben recibidos por unha poboación na que predominaba tradición islámica, especialmente por parte dos grandes terratenentes, que resultaron prexudicados pola abolición da usura (aínda que esta estaba prohibida no islam) e a cancelación das débedas que tiñan os pequenos agricultores. A mediados 1978, comezou unha rebelión, co ataque duns rebeldes a unha gornición militar na rexión de Nuristan, ao leste de Afganistán, e pronto se estendeu unha guerra civil por todo o país. En setembro de 1979, o viceprimeiro ministro Hafizullah Amin ocupou o poder trala morte nun tiroteo do presidente Taraki. Os dous meses de goberno de Amin estiveron marcados por unha inestabilidade provocada por unha toma de decisións contraria aos seus opoñentes do PDPA e á crecente rebelión.

Relacións afgán-soviéticas[editar | editar a fonte]

Mulleres afgás participando nun programa da Asociación afgá de Girl Scouts a finais da década de 1950.

A Unión Soviética exercera unha grande influencia na política afgá, dende a infraestrutura civil e militar á sociedade.[37] Na década de 1980, moitos afgás dominaban a lingua rusa.[37] Dende 1947, Afganistán estivera baixo a influencia do goberno ruso e recibira importantes axudas, en forma de asistencia económica e adestramento e armamento militar.

Afganistán xa recibiu axuda económica rusa no ano 1919, pouco despois da Revolución Rusa, cando o novo goberno se enfrontaba á guerra civil. Subministraron armas de pequeno calibre, munición, e uns cantos avións, e (segundo fontes soviéticas) un millón de rublos de ouro, para apoiar á resistencia afgá durante a terceira guerra anglo-afgá. En 1942, a URSS volveu axudar ás Forzas Armadas de Afganistán, con avións e armamento, e establecendo centros de formación en Tashkent (República Socialista Soviética de Uzbekistán). A cooperación militar entre os dous países asentouse en 1956, e os acordos de máis importancia producíronse na década de 1970, na que a URSS enviou conselleiros e especialistas. A Unión Soviética construíu así mesmo unha extensa rede de infraestruturas, participou na construción de universidades, institutos politécnicos, hospitais, infraestruturas civís, centrais eléctricas e colexios locais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Borer, Douglas A. (1999). Cass, ed. Superpowers defeated: Vietnam and Afghanistan compared. Londres. p. 216. ISBN 0-7146-4851-5. 
  2. 2,0 2,1 Barlett, Donald L.; Steele, James B. (13 de maio de 2003). "The Oily Americans". Time. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 2008-07-08. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Interview with Dr. Zbigniew Brzezinski-(13/6/97).". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2000. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Charlie Wilson: Congressman whose support for the mujahideen helped force the Soviet Union out of Afghanistan
  5. ""Reagan Doctrine, 1985," United States State Department". State.gov. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2007. Consultado o 2011-02-20. 
  6. Interview with Dr. Zbigniew Brzezinski – (13 de xuño de 1997). Part 2.] Episode 17. Good Guys, Bad Guys. 13 de xuño de 1997.
  7. Corera, Gordon (2011). MI6: Life and Death in the British Secret Service. Londres: Phoenix. ISBN 978-0753828335. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Shichor 157–158
  9. Crile, George (2003). Charlie Wilson's War: The Extraordinary Story of the Largest Covert Operation in History. Atlantic Monthly Press. ISBN 0-87113-854-9. 
  10. "Saudi Arabia and the Future of Afghanistan". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  11. Nyrop, Richard F.; Donald M. Seekins (xaneiro de 1986). Afghanistan: A Country Study (PDF). Washington, DC: United States Government Printing Office. pp. XVIII–XXV. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de novembro de 2001. Consultado o 03 de febreiro de 2013. 
  12. Mark N. Katz (9 de marzo de 2011). "Middle East Policy Council | Lessons of the Soviet Withdrawal from Afghanistan". Mepc.org. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  13. Maxime Rischard. "Al Qa'ida's American Connection". Global-Politics.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  14. "Soviet or the USA the strongest". Translate.google.no. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  15. "Afghanistan hits Soviet milestone – Army News". Armytimes.com. Consultado o 15 de febreiro de 2012. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2006. Consultado o 18 de xullo de 2006. 
  17. DK289.A39 1992 Glazami marshala i diplomata : kriticheskiĭ vzgli︠a︡d na vneshni︠u︡i︠u︡ politiku SSSR do i posle 1985 goda / S.F. Akhromeev, G.M. Kornienko, p. 25
  18. Russia's War in Afghanistan – David C. Isby, David Isby – Google Libros. Books.google.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 15 de febreiro de 2012. 
  19. Antonio Giustozzi (2000). War, politics and society in Afghanistan, 1978–1992. Hurst. ISBN 1-85065-396-8. A tentative estimate for total mujahideen losses in 1980-02 may be in the 150–180,000 range, with maybe half of them killed. 
  20. "Death Tolls for the Major Wars and Atrocities of the Twentieth Century". necrometrics.com. Consultado o 24 de setembro de 2012. 
  21. Hilali, A. (2005). US-Pakistan relationship: Soviet Intervention in Afghanistan. Burlington, VT: Ashgate Publishing Co. (p.198)
  22. Kinsella, Warren. "Unholy Alliances", Lester Publishing, 1992
  23. "Timeline: Soviet war in Afghanistan". BBC News. Publicado o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2009.
  24. Yousaf, Mohammad & Adkin, Mark (1992). Afghanistan, the bear trap: the defeat of a superpower. Casemate. p. 159. ISBN 0-9711709-2-4. 
  25. Richard Cohen (22 de abril de 1988). "The Soviets' Vietnam". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  26. "Afghanistan was Soviets' Vietnam". Boca Raton News. 24 de abril de 1988. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  27. From the Shadows, Pg. 146. Google Books. 9 de xaneiro de 2007. ISBN 9781416543367. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  28. Rubin, Barnett R. The Fragmentation of Afghanistan. New Haven: Yale University Press, 1995. p. 20.
  29. Harrison, Selig; Cordovez, Diego (1995). Out of Afghanistan: The Inside Story of the Soviet withdrawal. New York: Oxford University Press. pp. 34–35. ISBN 0-19-506294-9. 
  30. Valenta, Jiri (1980). From Prague to Kabul: The Soviet Style of Invasion. 
  31. Goldman, Minton (1984). Soviet Military Intervention in Afghanistan: Roots & Causes. 
  32. Hilali, A. Z. (2005). "The Soviet Penetration into Afghanistan and the Marxist Coup". The Journal of Slavic Military Studies 18 (4): 709. doi:10.1080/13518040500354984. 
  33. Bradsher, Henry S. (1983). Afghanistan and the Soviet Union. Durham: Duke Press Policy Studies. pp. 72–73. 
  34. Garthoff, Raymond L. (1994). Détente and Confrontation. Washington D.C.: The Brookings Institute. p. 986. 
  35. The April 1978 Coup d'etat and the Democratic Republic of Afghanistan – Library of congress country studies(Consultado o 4 de febreiro de 2007)
  36. "Afghanistan Marxist Coup 1978". Onwar.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2011. 
  37. 37,0 37,1 Press Release (13 de febreiro de 2009). "Tips for Soviet in Afghanistan". BBC, 1979. Consultado o March 2, 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]