Intouchables
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Intouchables | |
|---|---|
| Título orixinal | Intouchables |
Os directores Éric Toledano e Olivier Nakache con Omar Sy no centro, 2012. |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Olivier Nakache Éric Toledano |
| Produtor | Nicolas Duval-Adassovsky Laurent Zeitoun Yann Zenou |
| Guión | Olivier Nakache Éric Toledano |
| Baseado en | |
| Intérpretes | François Cluzet Omar Sy |
| Música | Ludovico Einaudi |
| Fotografía | Mathieu Vadepied |
| Montaxe | Reynald Bertrand |
| Estudio | |
| Distribuidor | Gaumont |
| Ano | 2011 |
| Duración | 113 minutos |
| País | |
| Xénero | Comedia, Drama |
| Orzamento | €9.500.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Intouchables é un filme francés dirixido por Olivier Nakache e Éric Toledano que foi estreado no 2011. Está protagonizado por François Cluzet e Omar Sy. A historia está baseada en feitos reais.
Índice |
Argumento [editar]
Philippe, un aristócrata que ficou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal acabado de saír do cárcere. Aínda que, a primeira vista, non semella a persoa máis indicada, os dous acaban logrando que convivan Vivaldi e Earth, Wind & Fire, a elocuencia e a hilaridade, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrontados que, pouco a pouco, conxenian ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada.
Personaxes [editar]
- François Cluzet como Philippe
- Omar Sy como Driss
- Audrey Fleurot como Magalie
- Clotilde Mollet como Marcelle
- Anne Le Ny como Yvonne
- Alba Gaïa Kraghede Bellugi como Elisa
- Cyril Mendy como Adama
- Christian Ameri como Albert
- Grégoire Oestermann como Antoine
- Marie-Laure Descoureaux como Chantal
- Absa Dialou Toure como Mina
- Salimata Kamate como Fatou
- Ludovico Einaudi como Músico
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2012: Premio Goya á mellor película europea
- 2011: Premios Cesar: Mellor actor (Omar Sy). 9 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2011: Festival de San Sebastián: Sección oficial non competitiva - Clausura.
- 2011: Festival de Tokyo: Mellor filme, mellor actor (François Cluzet e Omar Sy).
- 2011: Nomeada Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)