Interruptor magnetotérmico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un interruptor térmico, é un dispositivo capaz de deter a corrente eléctrica dun circuíto, cando supera certos valores máximos. O seu funcionamento baséase en dous dos efectos producidos polo fluxo de corrente eléctrica no circuíto: ó magnético e o térmico (efecto Joule).

O dispositivo consta de dúas partes, un electroimán e unha lámina bimetálica, conectadas en serie, e polas cales circula a corrente que vai cara a carga.

Os interruptores magnetotérmicos serven para protexer as instalacións contra sobrecargas e curtocircuítos.